From Wikipedia, the free encyclopedia
Gustavo Gutiérrez Merino, nado en Lima (Perú) o 8 de xuño de 1928, é un teólogo, un dos artífices da Teoloxía da liberación
Nome orixinal | (es) Gustavo Gutiérrez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xuño de 1928 (96 anos) Lima, Perú |
Datos persoais | |
Residencia | Perú |
País de nacionalidade | Perú |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Nacional Maior de São Marcos (pt) Instituto Católico de Paris (pt) Pontificia Universidade Gregoriana Catholic University of Lyon (en) |
Actividade | |
Ocupación | teólogo , sacerdote católico , filósofo , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Notre Dame (pt) |
Membro de | |
Movemento | Teoloxía da liberación |
Lingua | Lingua castelá |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Premios
| |
Aqueixado dende a infancia de osteomielite, tivo que pasar períodos en cadeira de rodas e gardar cama. Estudou Medicina e Letras na Universdade Mayor de San Marcos en Lima. Militante de Acción Católica, as súas conviccións cristiás levárono a unha decidida loita social a prol da xustiza.
Estudou teoloxía na Universidade Católica de Lovaina e na Universidade de Lión. Tivo como profesores a Henri de Lubac e Yves Congar e tomou contacto con Hans Küng e Karl Rahner. Ordenouse sacerdote en 1959. Entrou na Orde dos Predicadores buscando seguir o espírito de pobreza e formación intelectual de Domingos de Guzmán.
É doutor honoris causa pola Universidade de Yale e foi Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2003.
Non pretende realizar unha teoloxía universal e atemporal, senón un pensamento encarnado na realidade social de opresión dos desfavorecidos. Dende o Evanxeo, pero tamén dende o Antigo Testamento, funda a opción preferencial polos pobres. A salvación cristiá é para o home íntegro tamén na súa dimensión sociopolítica. A súa teoloxía pretende ser unha reflexión crítica e operativa enfrontada as estruturas de dominación. O pecado ten tamén unha dimensión social que debe ser combatida tal como fixo Xesús de Nazaret. Servíndose da análise económica e social do marxismo, diagnostica unha situación e busca unha resposta liberadora alimentada polo pulo moral que nace da fe cristiá.
Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi censurada por Roma, Gustavo Gutiérrez, a diferenza de Leonardo Boff, nunca foi directamente condenado ou sancionado.
En 2014 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.