Guerras médicas
conflitos que enfrontaron os gregos cos persas / From Wikipedia, the free encyclopedia
As guerras médicas foron unha serie de conflitos que enfrontaron os gregos cos persas (confundidos polos gregos cos medos, outro pobo iraniano)[1] durante a primeira metade do século V a.C.. En particular, as guerras médicas refírense a unha ou ás dúas invasións persas do territorio grego europeo en -490 e -480-479. Non todos os gregos loitaron contra os persas; algunhas cidades-estado foron neutrais e outras aliáronse con Persia.
Datos rápidos Data, Lugar ...
Guerras médicas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Un hoplita grego e un soldado persa combatendo nunha escena do século -V. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Polis gregas (cidades-estado) | Imperio Persa | ||||||
Líderes | |||||||
Milcíades Temístocles Leónidas I † Pausanias Cimón de Atenas † Pericles |
Xerxes I Artafernes Datis Artafernes fillo Mardonio † Hidarnes Artabazo I Megabizo II | ||||||
Forzas en combate | |||||||
30.000-110.000 (segundo Heródoto)
10.000-40.000 (estimacións modernas) |
2 600 000 (segundo Heródoto)
100.000-300.000 (estimacións modernas) |
Pechar
O que sabemos hoxe sobre este conflito deriva fundamentalmente de fontes gregas (principalmente Heródoto) e, en menor medida, dalgúns escritores romanos.