![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/%25C3%2586sir-Vanir_war_by_Fr%25C3%25B8lich.jpg/640px-%25C3%2586sir-Vanir_war_by_Fr%25C3%25B8lich.jpg&w=640&q=50)
Guerra entre os Æsir e os Vanir
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía nórdica, a Guerra entre os Æsir e os Vanir foi a guerra que tivo lugar entre os Æsir e os Vanir, dous grupos de deuses. A guerra culminou coa unificación das dúas tribos nunha soa tribo de deuses. Foi un acontecemento importante no canon e as súas consecuencias e a potencial historicidade en torno ós relatos da guerra son un tema de amplo debate e discurso académico.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/%C3%86sir-Vanir_war_by_Fr%C3%B8lich.jpg/640px-%C3%86sir-Vanir_war_by_Fr%C3%B8lich.jpg)
Información fragmentada sobre a guerra aparece nalgunhas fontes sobreviventes. Así, a guerra é descrita en Völuspá, un poema recollido na Edda poética no século XIII de fontes tradicionais máis antigas, no libro Skáldskaparmál da Edda prosaica, escrito arredor do ano 1220 por Snorri Sturluson, e nunha forma evemerista na Saga dos Ynglings, primeira parte da Heimskringla, tamén escrita polo poeta e historiador islandés Snorri Sturluson no século XIII.