Guarda Nacional Republicana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Guarda Nacional Republicana é a forza nacional de gendarmeria da República Portuguesa, constituída por militares organizados nun corpo especial de tropas e dotada de autonomía administrativa, con xurisdición en todo o territorio nacional e nas augas territoriais. Pola súa natureza e polivalencia, a GNR atopa o seu posicionamento institucional no conxunto das forzas militares e das forzas e servizos de seguridade, sendo a única forza de seguridade con natureza e organización militares, caracterizándose como unha Forza Militar de Seguridade Pública. O corpo conta cuns 26.000 efectivos aproximadamente.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A GNR é un corpo que actúa en todo tipo de conflitos en calquera das modalidades de intervención, desde en tempos de paz e de normalidade institucional, aos de guerra, pasando polas situacións de crise, tanto a nivel interno como no exterior (como foron os casos de Timor e de Iraq). En situacións de normalidade, a GNR executa fundamentalmente as típicas misións policiais, máis alén da asignación de misións militares no ámbito da defensa nacional coa colaboración coas Forzas Armadas (é aquí onde reside a gran diferenza cos Policías).
Debido á súa natureza, en situacións de estado de urxencia ou de sitio, a organización e a formación dos seus militares por parte da GNR, preséntase como a forza máis indicada para actuar en situacións problemáticas e de transición entre a Policías e as Forzas Armadas.
Xa en caso de guerra, pola súa natureza militar e que chega a todo o territorio nacional portugués, pode, illadamente ou en complemento, desempeñar un abano moi amplo de misións das Forzas Armadas. De igual forma, pode cubrir todo o espectro de misións no ámbito das denominadas OOTW (operations other than war, operacións alén da Guerra), desde a fase de imposición á de mantemento, en complemento das Forzas Armadas, tendo especial relevancia ás fases post-conflito.
A GNR comparte as responsabilidades do sistema policial de Portugal continental coa Policía de Seguridade Pública (PSP), cabendo a esta última só a responsabilidade dos grandes centros urbanos (5% do territorio nacional) e á Guarda, a responsabilidade do 40% da cidades e o 98% das vilas e a práctica totalidade das aldeas do país. Nos Azores e en Madeira está asignado, tamén á PSP, a policía das áreas rurais, e á GNR a operar nas áreas fiscais, no control costeiro, na protección da natureza e ata a chamada de socorro na fracción habitada máis illada do territorio de Portugal, como a illa do Corvo, a GNR é a única forza policial permanentemente instalada na illa asumindo tódalas responsabilidades policiais.
A GNR ten como asignacións exclusivas:
- Garantir o cumprimento das disposicións legais referentes á protección e conservación da natureza e do ambiente, así como previr e investigar as actividades ilícitas; garantir o control, o ordenamento e a disciplina do tráfico en tódalas infraestruturas constitutivas dos eixos da Rede Nacional Fundamental e Complementaria.
- Á vixilancia, patrullamento e a interceptación terrestre e marítima, en toda a costa e mar territorial do continente e das Rexións Autónomas.
- Controlar e fiscalizar as embarcacións, os seus pasaxeiros e carga, así como, participar na fiscalización das actividades de captura, desembarco, cultivo e comercialización das especies mariñas.
- Previr e investigar as infraccións tributarias, fiscais e aduaneira, así como supervisar e controlar a circulación de mercadorías suxeitas á acción tributaria, fiscal ou aduaneira.
- Executar accións de prevención e de intervención de primeira liña, en todo o territorio nacional, en situación de emerxencia de protección e socorro, en particular nas súas aparicións de incendios forestais ou de materias perigosas, catástrofes e accidentes graves, entre outras.
A GNR ten ademais a responsabilidade das honras de estado e da seguridade de varios edificios dos órganos de soberanía, como o Palácio de Belém, residencia oficial do Presidente da República, o Palácio de São Bento, sede da Asemblea da República e residencia oficial do Primeiro Ministro e o Palácio das Necessidades, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores.
A GNR foi creada en 1801, como Guarda Real da Policía, inspirándose na Gendarmerie francesa.
O seu aniversario é cada 3 de maio, sendo a súa patroa Nossa Senhora do Carmo (Nosa señora do Carme).