![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Hydroxyl3D.png/640px-Hydroxyl3D.png&w=640&q=50)
Hidroxilo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un hidroxilo é un grupo formado por un átomo de osíxeno unido covalentemente cun átomo de hidróxeno, que aparece en compostos como os alcohois, fenois, ácidos carboxílicos e sulfónicos, oxoácidos e bases [1]. Por hidroxilo pódense entender estas tres cousas:
- O grupo funcional -OH, chamado grupo hidroxilo ou grupo alcohólico ou grupo OH. Trátase dun grupo químico unido covalentemente a unha molécula, como sucede nos alcohois. Por exemplo CH3-OH (metanol).
- O anión hidroxilo (OH-) ou anión hidróxido. Aquí o hidroxilo está cargado negativamente en forma de anión e forma parte de substancias como os hidróxidos, formadas por un metal e un anión hidroxilo. Por exemplo, NaOH [2].
- O radical hidroxilo (·OH), que é un grupo OH libre pero neutro e moi reactivo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Hydroxyl3D.png/640px-Hydroxyl3D.png)