![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Neiafu.jpg/640px-Neiafu.jpg&w=640&q=50)
Grupo Vava'u
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vava´u é a illa principal do grupo Vava'u, ao norte de Tonga. Tense transcrito como Vavao, e tamén se denomina ´Uta Vava´u (en inglés Vava´u Mainland) para distinguir a illa do grupo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Neiafu.jpg/640px-Neiafu.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Vava%27u_beach2.jpg/640px-Vava%27u_beach2.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/Tonga_sm04.gif/320px-Tonga_sm04.gif)
A illa Vava'u é unha plataforma elevada de coral con cantís na costa norte e cun litoral baixo e irregular ao sur que se abre nunha complexa rede de canles, baías e illas formando un dos portos naturais máis protexidos do Pacífico. A superficie total é de 89,74 km², e a altitude máxima é de 204 m.
A capital é Neiafu 18°39′S 173°59′O O, situada na costa meridional. É a segunda cidade máis poboada de Tonga. En Neiafu reside o gobernador da división administrativa de Vava'u. A poboación total da illa era de 12.238 habitantes no censo de 1996.