Grande-Terre
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Grande-Terre (francés: île de Grande-Terre ou île de la Grande-Terre) é a segunda das dúas maiores illas do departamento de ultramar francés de Guadalupe. Malia que o seu nome significa literalmente en francés "Terra Grande" é menor que Basse-Terre. Isto débese a que o seu nome foi dado en contraste coas moito máis pequenas illas Petite Terre (Illas "Terra Pequena"), dúas pequenas illas situadas a uns 10 km ao sueste da Grande-Terre. Está separada da súa irmá máis vella, Basse-Terre, por unha estreita canle chamada Rivière Salée.
Grande-Terre | |
---|---|
Situación | |
País | Francia |
Departamento de ultramar | Guadalupe |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 16°20′N 61°25′O |
Xeografía | |
Superficie | 586´68 km² |
Longura máxima | 39'9 km. |
Largura máxima | 35´1 km. |
Perímetro | 260 |
Punto máis alto | 136 m. Morne l'Escale |
Demografía | |
Capital | Pointe-à-Pitre (17.541 hab.) |
Poboación | 197 603 hab. (2006) |
Densidade | 336´82 hab./km² |
A illa ten unha superficie de 586´68 km². No censo de 2006 a poboación de Grande-Terre era 197 603 habitantes que viven en 10 comunas (municipios). A densidade de poboación era de 337 habitantes por km². As comunas máis poboadas son, en orde descendente da poboación, Les Abymes (parte da área urbana de Pointe-à-Pitre), Le Gosier (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre), Pointe-à-Pitre (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre), Le Moule, Sainte-Anne e Morne-à-l'Eau.
Grande-Terre está rodeado de arrecifes de coral e a propia illa é unha meseta de pedra calcaria. A súa superficie é unha serie de outeiros, praias de area branca e cantís. As praias da illa compóñense de dous tipos de areas, brancas e negras, así como as praias de area dourada. Das dúas illas, Grande-Terre é o fogar da maioría das granxas e centros turísticos de guadalupe.
Pointe de la Grande Vigie, en Grande-Terre, é o punto máis setentrional de Guadalupe. Ao leste atópase La Désirade, e ao sur Marie-Galante
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.