From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1965 (formalmente o XXVII Großer Preis von Deutschland) celebrouse en Nürburgring o 1 de agosto de 1965. A carreira, disputada sobre 15 voltas, foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1965. Foi gañada por Jim Clark, que no seu Lotus - Climax, logrou a pole position, a volta rápida da carreira, e liderou tódalas voltas. A vitoria aseguroulle a Clark a vitoria no Campionato do Mundo de Pilotos a falta de tres carreiras. Tamén significou que Lotus gañara o Mundial de Construtores ao mesmo tempo. o piloto de BRM, Graham Hill, terminou a carreira en segunda posición por diante do Brabham - Climax de Dan Gurney, que completou o podio ao terminar terceiro.
Nome oficial | XXVII German Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1965 |
Distancia do evento | 15 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Alemaña |
Data | 1 de agosto de 1965 |
Competición | |
Primeiro posto | Jim Clark |
Pole position | Jim Clark |
Volta máis rápida | Jim Clark |
Graham Hill en teoría podería alcanzar a Clark no campionato. Con todo, Clark converteuse en campión cunha maxistral actuación, que o levou desde a pole ata a bandeira final e ao establecemento da volta rápida, para obter o máximo de puntos con 3 Grandes Premios aínda por disputar. Detrás del, o resto tivo todo tipo de problemas mecánicos, Surtees tivo problemas co cambio de velocidades, Stewart dobrou un brazo oscilante, Hulme perforou o tanque de combustible cando se lle soltou o asento e Amón tivo problemas de transistores a pesar de cambiar dúas caixas de transistores! Clark coroouse como campión a principios de agosto, sendo o campionato que se gañous máis cedo o campionato ata 2002, cando Michael Schumacher conseguiu o seu quinto título o 21 de xullo.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Jim Clark | Lotus-Climax | 15 | 2:07:52.4 | 1 | 9 |
2 | 9 | Graham Hill | BRM | 15 | +15.9 segs | 3 | 6 |
3 | 5 | Dan Gurney | Brabham-Climax | 15 | +21.4 segs | 5 | 4 |
4 | 12 | Jochen Rindt | Cooper-Climax | 15 | +3:29.6 | 8 | 3 |
5 | 4 | Jack Brabham | Brabham-Climax | 15 | +4:41.2 | 14 | 2 |
6 | 8 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 15 | +5:08.6 | 7 | 1 |
7 | 16 | Jo Bonnier | Brabham-Climax | 15 | +5:58.5 | 9 | |
8 | 24 | Masten Gregory | BRM | 14 | +1 volta | 19 | |
Ret | 7 | John Surtees | Ferrari | 11 | Caixa de cambios | 4 | |
Ret | 17 | Jo Siffert | Brabham-BRM | 9 | Motor | 11 | |
Ret | 2 | Mike Spence | Lotus-Climax | 8 | Transmisión | 6 | |
Ret | 3 | Gerhard Mitter | Lotus-Climax | 8 | Fuga de auga | 12 | |
Ret | 20 | Richard Attwood | Lotus-BRM | 8 | Fuga de auga | 17 | |
Ret | 11 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 7 | Caixa de cambios | 10 | |
Ret | 6 | Denny Hulme | Brabham-Climax | 5 | Fuga combustible | 13 | |
Ret | 19 | Chris Amon | Lotus-BRM | 3 | Eléctrico | 16 | |
Ret | 22 | Paul Hawkins | Lotus-Climax | 3 | Fuga aceite | 20 | |
Ret | 10 | Jackie Stewart | BRM | 2 | Suspensión | 2 | |
Ret | 21 | Frank Gardner | Brabham-BRM | 0 | Caixa de cambios | 18 | |
NSC | 25 | Roberto Bussinello | BRM | ||||
NSC | 23 | Ian Raby | Brabham-Climax |
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.