Gramón
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
O gramón[1] (Stenotaphrum secundatum) é un céspede popular en xardíns de rexións tropicais, subtropicais e zonas con seca estival, como o sur de Galiza. Con el obtense unha superficie realmente ornamental, coma unha alfombra grosa, cando se logra manter unha boa cobertura. Densidade media, textura grosa, cor verde media, apto para localizacións de media sombra. É máis xoto ca o céspede tradicional inglés, máis fino. O único inconveniente é que pode verse moi afectado polas xeadas, aínda que ás veces regroma.
Gramón | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Stenotaphrum secundatum' (Walt.) Kuntze |
Actualmente atópase moi espallado polo mundo, levado polo ser humano, xa que, ademais das súas características de aparencia e a súa tolerancia á seca, tamén é tolerante ao esmagado. Pódese plantar de esgallo, despois el vaise espallando grazas aos estolóns.
Coñécese tamén co nome de grama de santo Agostiño.