![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/Gorgia_di_Leontini.png/640px-Gorgia_di_Leontini.png&w=640&q=50)
Gorxias de Leontini
filósofo grego, discípulo de Empédocles / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gorxias (en grego antigo Γοργίας / Gorxías) de Leontium (ou Leontini, cidade siciliana que naceu cara ao 485 a.C.), foi un filósofo grego discípulo de Empédocles, con quen aprendeu retórica. Sofista, ensinaba a arte de persuadir. Dise que viviu 108 anos.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Γοργίας ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 483 a. C. ![]() Leontini (en) ![]() ![]() |
Morte | c. 375 a. C. ![]() Lárisa, Grecia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | sofista ![]() |
Movemento | Sofista, Presocráticos e sofista ![]() |
Profesores | Empédocles ![]() |
Alumnos | Hipócrates, Isócrates de Atenas e Polus (en) ![]() ![]() |
Lingua | Grego ático (pt) ![]() ![]() |
![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Platón, de quen os seus escritos forman o nó arredor do cal cristalizou a filosofía e a súa historia, botou o descrédito sobre o pensamento de Gorxias de maneira tal que aínda hoxe en día o cualificativo «sofista» é un insulto. «Seica Gorxias, tendo lido o diálogo que leva o seu nome, dixo: «Platón sabe ben como burlarse!» (Atenea, Les Deipnosophistes, XI,505, D). Porén sería máis xusto volver ás fontes a fin de descubrir a importancia dese pensamento, non só na historia da filosofía, senón tamén no pensamento contemporáneo.