Goma arábiga
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A goma arábiga (denominado E-414 na industria alimentaria dentro dos Números E e acacia gum segundo a lista de aditivos da Unión Europea) é un polisacárido de orixe natural. Extráese da resina de árbores sub-saharianos (Acacia senegal e Acacia seyal) como parte do proceso de cicatrización destes, coñecido como gummosis. Esta resina de cor ámbar recóllese normalmente á man unha vez seca.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Goma.