From Wikipedia, the free encyclopedia
As glicosilaminas son unha clase de compostos bioquímicos formados pola unión dunha amina cun carbohidrato por medio dun enlace N-glicosídico co carbono anomérico do carbohidrato. Fórmase un enlace hemiaminal éter cíclico.
A IUPAC defíneos como compostos que teñen un grupo glicosilo unido a un grupo amino, NR2 [1], desaconsella denominalos N-glicósidos [2] e exclúeos do grupo dos aminoazucres (que son monosacáridos cun grupo OH non anomérico [3] substituído por un grupo NH2, como a glicosamina)[4]. Tampouco son o mesmo cós aminoglicósidos, que conteñen azucres modificados con grupos amino.
Exemplos de glicosilaminas son os nucleósidos como a adenosina, e a N,N-dimetil-β-D-glicopiranosilamina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.