Glicóxeno
principal forma de almacenaxe de carbohidratos nos animais / From Wikipedia, the free encyclopedia
O glicóxeno é a principal forma de almacenaxe de carbohidratos nos animais. Atópase no fígado (ata un 6%) e nos músculos (rara vez excede o 1%). Ademais, pódense atopar pequenas cantidades de glicóxeno en certas células gliais do cerebro.
Nas células hepáticas, o glicóxeno aparece en forma de grandes gránulos, constituídos por agrupacións de simples moléculas moi ramificadas, polo que ten un peso molecular moi elevado.
É soluble en auga, na que forma dispersións coloidais. Nas células hepáticas atópase almacenado en gránulos grandes que conteñen ademais os enzimas responsables da súa síntese e degradación.
O glicóxeno pode hidrolizarse pola acción de α-amilase que se atopa na saliva e zume pancreático,que rompen os enlaces alfa-1,4 nas ramas exteriores do glicóxeno para dar glicosa, unha pequena cantidade de maltosa e un núcleo resistente chamado dextrina límite.