From Wikipedia, the free encyclopedia
O Getafe Club de Fútbol B é o equipo filial do Getafe Club de Fútbol, de Primeira División. Fundado en 1983, actualmente milita na Segunda División B, categoría na que xoga desde o seu debut na tempada 2010-11.
Getafe B | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Getafe Club de Fútbol B | |||
Fundación | 1983 | |||
Estadio | Ciudad Deportiva, Xetafe, España | |||
Capacidade | 2.435 | |||
Presidente | Ángel Torres Sánchez | |||
Adestrador | Emilio Ferraras | |||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | |||
Segunda división B Española: | 19º | |||
Na rede | ||||
http://www.getafecf.com/ | ||||
| ||||
Nace do mesmo xeito que o primeiro equipo, en 1983. Tras varios anos nas categorías inferiores logra ascender por primeira vez a Terceira División en 1994, aínda que só disputa a tempada 1994-95. Anos despois volvería a Terceira para permanecer tres tempadas, desde 1999 ata 2001, aínda que en malas posicións.
O club volveu ascender a Terceira no ano 2004. Do mesmo xeito que o primeiro equipo, o Getafe B mantivo unha boa serie de resultados desde entón, quedando nos últimos dous anos nos postos que permiten disputar o playoff para subir a Segunda División B. O filial xetafense certificou o seu ascenso á división de bronce na tempada 2009/10.
O filial getafense xoga na Cidade Deportiva de Getafe, con capacidade para 1.500 espectadores. O estadio atópase a escasos metros do Coliseum Alfonso Pérez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.