From Wikipedia, the free encyclopedia
Gesta Danorum ("Feitos dos daneses") é un texto patriótico da historia de Dinamarca, escrito no século XII polo autor Saxo Grammaticus ("Saxo o literato", literalmente "o Gramático"). Valdemar I de Dinamarca ou alguén da súa corte animouno a escribir a historia de Dinamarca, a súa patria. A Historia Dinamarquesa consta de varios tomos, escritos en latín. Inclúe traducións de pezas vernáculas que actualmente substitúen ás orixinais perdidas. Asemade, contén unha descrición da relixión dos seus antergos.
Ademais, no terceiro tomo da Gesta Danorum, figura unha versión primitiva da historia de Hamlet (que inspirou a máis famosa obra de Shakespeare), cuxo protagonista é Amlodi ou Amleth.
A obra completa componse de dezaseis libros en prosa con algunha incursión ocasional de poemas. Os libros 1 ó 9 están enfocados na mitoloxía nórdica e o texto remata con citas a Gorm o Vello, primeiro rexistro documentado dun rei dinamarqués. Os libros 10 ó 16 están máis enfocados na historia medieval. O libro 14 contén unha descrición do templo de Rügen.
Porén, a obra orixinal considérase perdida, coa excepción de catro fragmentos: fragmento de Angers (o máis completo e o único que se considera escrito da súa propia man por Saxo), fragmento de Lassen, fragmento de Kall-Rasmussen e fragmento de Plesner. Tódolos fragmentos pertencen á Biblioteca Real Dinamarquesa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gesta Danorum |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.