From Wikipedia, the free encyclopedia
Anne Louise Germaine Necker, nada en París o 22 de abril de 1766 e finada na mesma cidade o 14 de xullo de 1817, foi unha escritora de orixe suíza que desenvolveu a súa vida cultural na súa cidade natal.
Era filla do financeiro suízo Jacques Necker, ministro de Lois XVI de Francia, e de Suzanne Curchod. Desde nova mostrou interese polo salón literario da súa nai. Seguidora dos filósofos franceses do século XVIII, con 22 anos escribiu unha Carta sobre el carácter y las obras de Jean-Jacques Rousseau. En 1986 casou co embaixador de Suecia en París, co que tivo tres fillos, e converteu o seu salón nun dos principais centros literarios e políticos da capital francesa.
Durante a Revolución francesa tomou parte activa apoiando a Talleyrand, pero trala caída da monarquía en 1792 abandonou Francia e viaxou a Suíza. Alí volveu contactar con Benjamin Constant, ao que coñecera nunha viaxe anterior e co que tivera relacións sentimentais até 1808. Os seus primeiros ensaios e a súa novela Delphine, na que defende a liberdade de elección sentimental sobre os convencionalismos sociais, sitúana dentro do nacente movemento do Romanticismo.
En 1797 regresou a París e sentiuse fascinada pola figura de Napoleón Bonaparte. Porén, este mostrouse receoso ante unha muller dedicada á política, que participaba en intrigas palacianas e ante a que se evidenciaba a súa escasa elocuencia. Ao situarse ademais o seu amante Benjamin Constant na oposición, en 1803 Napoleón instou a Madame de Staël a afastarse de París, manifestándose inflexible ás peticións das súas amizades para que lle permitise regresar. Tras enviuvar en 1802, casou en segundas nupcias con Albert de Rocca, alcumado familiarmente John, un mozo militar suízo.
Madame de Staël estableceuse entón en Coppet, aínda que efectuou numerosas viaxes. Trasladouse a Alemaña, onde visitou a Goethe e Schiller en Weimar, e a Viena, onde coñeceu e editou a Charles-Joseph de Ligne. Trasladado a Coppet o seu «salón», nel eran habituais algunhas das figuras máis importantes da súa época como Madame Récamier, Benjamin Constant ou Mathieu de Montmorency. Trala Restauración regresou a Francia, onde morreu en 1817.
En 1807 publicou a novela Corinne. A obra Alemagne foi mandada destruír por Napoleón en 1810 cando estaba a piques de ser publicada, e tivo que ser editada en Londres en 1813. Amais, escribiu novelas, ensaios e traballos históricos e críticos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Germaine de Staël |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.