From Wikipedia, the free encyclopedia
Gerd von Rundstedt, nado en Aschersleben o 8 de decembro de 1875 e finado en Hannover o 24 de febreiro de 1953, foi un mariscal de campo alemán.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
Fillo dun oficial de cabaleira que serviu na guerra francoprusiana, estudou na academia militar de Lichtelfelder e máis tarde na Academia de guerra de Berlín. Durante a primeira guerra mundial serviu na fronte do Oeste no goberno militar alemán de Anveres e posteriormente no goberno militar alemán en Polonia. Loitou nos Cárpatos e cara ao final da guerra volveu á fronte occidental.
Durante o réxime nazi participou na anexión dos Sudetes e retirouse como Generaloberst (o rango inferior a mariscal).
Hitler chamouno para poñelo a fronte dos exércitos do Sur na invasión de Polonia dende Silesia e Eslovaquia. Tivo como xefe de staff a Enric Von Manstein. Atravesou a fronteira o 1 de setembro de 1939 e capturou Cracovia o 6 de setembro, librou a batalla de Bzura e conquistou Varsovia que se rendeu o 28 de setembro tras 10 días de asedio.
Durante a batalla de Francia comandou o Grupo de exércitos A que en maio de 1940 atravesou o que se cría o impracticable bosque das Ardenas e cercou a 300.000 soldados franco-británicos avanzados en Bélxica, grazas a rapidez dos Panzer de Heinz Guderian, un famoso xeneral baixo as súas ordes. Este plan concibido por Manstein, foi apoiado por Rundstedt perante Hitler e resultou determinante do colapso do exército anglofrancés.
O 20 de maio Hitler viaxa ao cuartel xeral de Rundstedt onde se acorda que este xire as súas tropas e avance cara a Rheims e a través de Alsacia. En poucos días rompeu a resistencia francesa cruzando o Marne e tomou Dijon e Lión. O avance detívose cando Francia pediu o armisticio.
Foi ascendido a mariscal de campo, e malia os seus desexos de retirarse, Hitler nomeouno Comandante en Xefe do Oeste.
Durante a invasión alemá da Unión Soviética comandou os exércitos do sur que protagonizaron o embolsamento das tropas soviéticas en Uman e Kíiv capturando a centos de miles de soldados do exército roxo. Malia o éxito da conquista de Ucraína e Crimea (esta tras a importante vitoria de Mariupol), Rundstedt foi relevado por Hitler debido á retirada do exército alemá da recentemente tomada Rostov que Rundstedt autorizara debido ao adianto do duro inverno ruso e a carencia de municións, alimentos, combustible e vehículos.
Novamente chamado por Hitler, prestou os seus servizos na fronte Oeste. Tras o desembarco de Normandía, desbaratou a gran operación aerotransportada dos aliados, denominada Market Garden, e reeditou un fulgurante avance dende as Ardenas que a piques estivo de chegar a Anveres. O desgaste do exército alemán a esa altura da guerra impediu culminar ese último intento por gañar a iniciativa aos aliados.
Tras a rendición de Alemaña, non se puido demostrar unha participación directa nos crimes de guerra e os xenocidios que na reteguarda da súa fronte executaban as SS, mais semella indiscutible para os historiadores de que coñecía eses delitos contra a humanidade. Ese factor e a súa delicada saúde foron as razóns esgrimidas para a súa liberación en maio de 1949.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.