From Wikipedia, the free encyclopedia
Geraldine Ferraro, nada en Newburgh o 26 de agosto de 1935[1] e finada en Boston o 26 de marzo de 2011, foi unha política estadounidense. Membro da Cámara de Representantes, foi a primeira muller candidata á vicepresidencia do país por un dos dous grandes partidos, o Partido Demócrata, nas eleccións presidenciais de 1984.
Geraldine Ferraro era filla de Dominick Ferraro, un inmigrante italiano dono de dous restaurantes,[2][3] e de Antonetta L. Corrierie, tamén italiana. Tivo tres irmáns que naceran antes ca ela, mais un faleceu cando era neno e outro aos tres anos.[4] Ferraro doutorouse con honores en dereito na Universidade Fordham en 1960.[5][6]
En 1979 foi nomeada membro da Cámara de Representantes polo 9.º distrito electoral de Nova York.[7]
En 1984 Ferraro foi escollida polo candidato presidencial Walter Mondale como candidata á vicepresidencia,[8] despois de considerar outros candidatos como Gary Hart e Jesse Jackson.[9] Aínda que Ferraro era católica, a Igrexa católica criticouna por estar a favor do aborto.[10]
De 1993 a 1996 serviu como embaixadora dos Estados Unidos na Comisión de Dereitos Humanos da ONU durante a administración de Bill Clinton.[11] En 2008, Ferraro expresou o seu apoio á candidatura presidencial de Hillary Clinton.[12]
En 1998, foille diagnosticado un mieloma múltiple, aínda que non o fixo público ata 2001, data en que comezou a dar charlas sobre a súa doenza.[13] Faleceu o 26 de marzo de 2011 a consecuencia do cancro que a afectou durante case trece anos.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.