militar, político e numismático sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Georg Wolfgang von Francken, nado en Estocolmo o 26 de marzo de 1827 e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1891, foi un militar, funcionario, político e numismático sueco, que presidiu a Sociedade Numismática Sueca (1883-1891)
Fotografía de retrato de Georg Wolfgang von Francken.[1] | |
Nome orixinal | (sv) Georg Wolfgang von Francken |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de marzo de 1827 Estocolmo. |
Morte | 9 de setembro de 1891 (64 anos) Estocolmo. |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Norte de Estocolmo. [2] |
Cargos | |
Presidente da Sociedade Numismática Sueca | |
Período | 1883 – 1891 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sueco. |
Actividade | |
Ocupación | Militar, político e numismático. |
Lingua | Sueco. |
Familia | |
Pais | August Fredrik von Francken e Kristina Maria Sofia Liljehorn |
Von Francken naceu en 1827 en Estocolmo, fillo de Kristina Maria Sofia Liljehorn e do mariscal da corte e coronel August Fredrik von Francken, da familia von Francken, da nobreza sueca.[3]
En 1847 Georg Wolfgang von Francken accedeu ao rango de subtenente da Segunda Garda Vitalicia, onde finalmente foi nomeado capitán en 1863. Ao se licenciar do servizo militar activo en 1878 foi nomeado maior, e en 1884 tenente coronel do exército.[3]
Como membro da cabalaría e da nobreza, participou na Dieta de 1853-1865 e foi membro do Comité de Estado e da Comisión Xeral de Apelacións e Finanzas. Tamén foi elixido auditor do Estado pola nobreza en 1861, en 1864 e en 1865.[3]
Von Francken tiña un grande interese polos asuntos públicos e municipais, o que o levou a ser concelleiro desde a creación da municipalidade de Estocolmo en 1863 ata a súa morte.[3]
Como director xerente da compañía Tyskbagarebergens promoveu a construción de numerosas infraestruturas na cidade, entre elas a porta de Carlos XV. [3] En conmemoración desta importante obra emitiuse unha medalla conmemorativa en 1872.[4]
Á parte da súa dedicación profesional, Francken era un interesado polos estudos históricos e a numismática. A el débeselle a publicación en 1881 dunha catalogación de libros, mapas, moedas, bustos etc. da sociedade militar de Estocolmo,[5] e tamén publicou varios catastros, así como unha historia do municipio, en 1883.[3]
Tamén foi o presidente da Sociedade Numismática Sueca, desde 1883 ata o seu falecemento en Estocolmo, o 9 de setembro de 1891.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.