misión espacial tripulada dos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Gemini 6AA foi a quinta misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Walter M. Schirra e Thomas P. Stafford, sendo a tripulación de apoio Virgil I. Grissom e John W. Young.[2][6]
Gemini 6A | |
---|---|
Insignia da misión Gemini 6A | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 15 de decembro de 1965, 13:37:26,471 UTC[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II GLV[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2] |
Duración da misión | 1,08 días (25 horas, 51 minutos e 24 segundos)[2][6] |
Obxectivo da misión | Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2] |
Decaemento | 16 de decembro de 1965[1] |
NSSDC ID | 1965-104A |
Masa | 3546,0 kg[2][6] |
Gemini 6A foi a quinta misión tripulada do programa Gemini. A denominación 6A débese a que a misión orixinal foi planeada para o 25 de outubro. Ese día, coa tripulación, xa a bordo do foguete e uns quince minutos antes do lanzamento, lanzouse o GATV co que a Gemini 6 faría prácticas de manobras e cita espacial, pero o vehículo non chegou a órbita a causa dunha explosión do foguete lanzador. Sen GATV o control de terra decidiu cancelar o voo da Gemini 6.[2][6]
Gemini 6A foi programada para ser lanzada varios días despois de Gemini 7 e atopala no espazo para facer as manobras e o atraque planeados co GATV 6. Os obxectivos da misión foron probar procedementos de lanzamento e cita espacial e voo en formación con Gemini 7. Como obxectivos secundarios estaban avaliar a capacidade de manobra da cápsula durante a reentrada e levar a cabo probas nos sistemas da nave e facer catro experimentos.[2][6]
Gemini 6A foi lanzada finalmente o 12 de decembro de 1965 ás 13:37:26,471 UTC (8:37:26 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 161,0 km de perixeo e 259,4 km de apoxeo, a uns 1900 km por detrás de Gemini 7. Tras catro encendidos dos motores, Gemini 6 avistou a Gemini 7 no seu radar a unha distancia de 396 km. Tras dous encendidos máis, ás 14:33 EST, Gemini 6 conseguiu voar en formación con Gemini 7 e cunha velocidade relativa nula, a unha distancia de 110 metros. As manobras posteriores incluíron o rodeo dunha nave pola outra e aproximacións e alonxamentos entre elas durante un período de 5 horas e 19 minutos, unhas tres órbitas e media. Tras as manobras as naves alonxáronse 50 km para pasar o período de sono.[2][6]
Durante a órbita 15, ás 9:53:24 EST do 16 de decembro, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para iniciar a reentrada. A Gemini 6A amarou ás 10:28:50 EST no océano Atlántico, a 23,58° N e 67,83° O, a só 13 km do punto de amaraxe previsto, sendo a primeira reentrada controlada cara a un punto predeterminado e exitosa do programa espacial estadounidense. O tempo total de misión foi de 25 horas, 51 minutos e 24 segundos. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Wasp ás 11:32.[2][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.