misión espacial tripulada dos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Gemini 3 foi a primeira misión tripulada do programa Gemini. A tripulación da Gemini 3 estaba formada por Virgil Grissom e John W. Young, sendo a tripulación de apoio Walter M. Schirra e Thomas P. Stafford.[2][6]
Gemini 3 | |
---|---|
Insignia da misión Gemini 3 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 23 de marzo de 1965, 14:24:00.064 UTC[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II GLV[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2] |
Duración da misión | 0,20 días (4 horas, 52 minutos e 31 segundos)[2][6] |
Obxectivo da misión | Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2] |
Decaemento | 23 de marzo de 1965[1] |
NSSDC ID | 1965-024A |
Masa | 3236,9 kg[2][6] |
Gemini 3 foi a primeira misión tripulada do programa Gemini. O seu obxectivo era demostrar a capacidade das cápsulas Gemini para levar unha tripulación a bordo, a avaliación das capacidades da cápsulas polos astronautas e probar a rede mundial de seguimento de misións tripuladas da NASA, o sistema de propulsión de control en órbita, o control da traxectoria de reentrada e o punto de amaraxe, os sistemas da nave e a recuperación da mesma. Como obxectivos secundarios atopábanse estudar os efectos das oscilacións a baixo nivel do foguete lanzador durante a engalaxe, a realización de tres experimentos e a realización de fotografías desde órbita.[2][6]
Gemini 3 foi lanzada o 23 de marzo de 1965 ás 14:24:00.064 UTC (9:24 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertado nunha órbita inicial de 161,2 km de perixeo e 224,2 km de apoxeo. Ao final da primeira órbita Grissom realizou a primeira manobra orbital, baixando a órbita a unha de 158 x 169 km. Durante a segunda órbita Grissom cambiou a inclinación orbital en 0,02 graos. Cara ao final da terceira órbita, a 4 horas, 21 minutos e 23 segundos do inicio da misión (ás 13:45:23 EST), o perixeo da órbita foi baixado ata só 84 km para permitir un decaemento natural da órbita en caso de fallo dos retrofoguetes encargados de facer reentrar a cápsula. Pouco despois, a 90 km de altura e ás 4 horas, 33 minutos e 23 segundos do inicio da misión (13:57:23 EST) a tripulación disparou manualmente os retrofoguetes, que funcionaron segundo o previsto. Durante a reentrada inxectáronse 7 kg de auga na envoltura de plasma que rodeaba á nave, mellorándose as comunicacións con terra, que habitualmente se cortan debido ao plasma.[2][6]
A amaraxe tivo lugar ás 14:16:31 EST (4 horas, 52 minutos e 31 segundos despois do inicio da misión) no océano Atlántico, a 22,43° N e 70,85° O. Debido a unha menor sustentación da cápsula do planeada durante a reentrada, o punto de amaraxe atopábase a 111 km do previsto. Durante a espera na cápsula os astronautas mareáronse debido ó movemento do mar, polo que quitáronse os traxes e saíron da cápsula sobre as 15:00 EST. Foron recollidos por un helicóptero e levados ó U.S.S. Intrepid, onde chegaron ás 15:28. A cápsula foi recuperada ás 17:03. Dous dos tres experimentos de a bordo foron levados a cabo con éxito. A cobertura fotográfica planeada desde órbita só foi levada a cabo parcialmente debido a unha lente non adecuada colocada na cámara de 16 mm. O resto de obxectivos foron cumpridos.[2][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.