A garza pequena (Ixobrychus minutus) é unha ave da familia das garzas (Ardeidae).

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Garza pequena

Adulto femia en Cataluña
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Ardeidae
Xénero: Ixobrychus
Especie: I. minutus
Nome binomial
'Ixobrychus minutus'
(Linnaeus, 1766)
Pechar
Ovos de Ixobrychus minutus.

Morfoloxía e Hábitos

Trátase dunha ave de pequeno tamaño: cunha lonxitude de 35 cm e un peso de 140 gramos. A súa envergadura é entre 49–58 cm. O pescozo é groso e os dedos son longos e verdes. Píleo e as ás dorsais son de cor negra. As coberteras son de cor amárelas ocre semellante á parte inferior do corpo da mesma cor. A femia é máis acastañada e ten manchas marróns pola parte superior do corpo. En caso de perigo adoita unha posición de alarma. Os seus hábitats predilectos son ás zonas de desembocaduras que contan con matogueiras densas e espesas. É moi activo á noite e aliméntase de peixes pequenos, batracios e insectos de auga. No día adoita durmir comunalmente.

Reprodución

A reprodución faina durante o verán, dos meses de maio a xullo. Os ovos son chocados durante 16-19 días. Os polos voas ás 7-9 días. O niño está situado entre as matogueiras.

Distribución

Durante a época de cría localízase en toda Europa, excepto Escandinavia, Illas Británicas e a Cordilleira Cantábrica.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.