From Wikipedia, the free encyclopedia
A sexta tempada da serie de televisión Game of Thrones foi confirmada pola HBO o 8 de abril de 2014, xunto coa quinta tempada, e estreouse o 24 de abril de 2016 na canle HBO.[1][2] A tempada está composta case totalmente por contido orixinal que non aparece na serie A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin, pero tamén adapta material da sexta novela The Winds of Winter, e das anteriores A Feast for Crows e A Dance with Dragons.[3][4]
Tempada de Game of Thrones | |
Orixe | Estados Unidos |
---|---|
Nº de episodios | 10 |
Emisión | |
Canle orixinal | HBO |
Emisión orixinal | 24 de abril de 2016- 26 de xuño de 2016 |
Cronoloxía |
A rodaxe realizouse principalmente en Irlanda do Norte, España, Croacia, Islandia e o Canadá, cun orzamento para cada episodio de $10 millóns. A crítica louvou os valores da produción e a escolla de actores. A audiencia medrou con relación á tempada anterior. Con esta tempada, Game of Thrones recibiu o maior número de nomeamentos ós Premios Emmy, cun total de 23.[5]
|
|
Os actores secundarios recollidos aquí son os que aparecen na tempada 6. Amósanse listados pola rexión na que apareceron primeiro.
|
|
Ademais, os membros da banda islandesa Of Monsters and Men aparecen como os músicos do grupo de teatro de Braavos.[44]
N.º (serie) |
N.º (temp.) |
Título[45] | Director(es) | Guionista(s) | Data de estrea | Audiencia en EE. UU. (millóns) |
---|---|---|---|---|---|---|
51 | 1 | "The Red Woman" «A muller vermella» | Jeremy Podeswa | David Benioff e D. B. Weiss | 24 de abril de 2016 | 7,944[46] |
Daenerys é levada cos dothraki. Jaime Lannister chega a Desembarco do Rei coa súa filla morta. Sansa consegue fuxir de Ramsay Bolton grazas a Brienne de Tarth | ||||||
52 | 2 | "Home" «A casa» | Jeremy Podeswa | Dave Hill | 1 de maio de 2016 | 7,286[47] |
Bran adestra co Corvo de tres ollos empregando os seus poderes para ver o pasado. En Desembarco do Rei, Jaime aconsella a Tommen. Tyrion esixe boas novas, pero dependerá del tomar decisións díficiles como a busca de alianza entre Meereen e o resto de pobos. No Castelo Negro, a Garda da Noite demostra a súa lealdade a Thorne esixindo o corpo de Jon. Ramsay argalla un novo plan, atacar o Castelo Negro. | ||||||
53 | 3 | "Oathbreaker" «Rompexuramentos» | Dan Sackheim | David Benioff e D. B. Weiss | 8 de maio de 2016 | 7,281[48] |
Daenerys faille fronte ó seu futuro no khalasar, mentres que Bran ten que afrontar o pasado, vendo lembranzas do seu pai. Tommen confronta ó Pardal Supremo sobre o encarceramento de Margaery. Arya intensifica o seu adestramento para converterse en "Ninguén" mediante combates coa Nena Abandonada. Varys obtén a resposta que agardaba convencendo a unha prostituta da vila con seguridade. Ramsay recibe un agasallo, unha testa de lobo con Rickon Stark e Osha de parte dos Umber. | ||||||
54 | 4 | "Book of the Stranger" «Libro do descoñecido» | Dan Sackheim | David Benioff e D. B. Weiss | 15 de maio de 2016 | 7,822[49] |
Tyrion chega a un acordo cos escravistas. Jorah e Daario enfróntanse a unha tarefa difícil, ceibar a Daenerys dos Dothraki. Jaime e Cersei intentan mellorar a súa situación. | ||||||
55 | 5 | "The Door" «O portón» | Jack Bender | David Benioff e D. B. Weiss | 22 de maio de 2016 | 7,890[50] |
Tyrion busca unha estraña alianza. Bran descobre un gran suceso en relación á creación dos outros, creando a Hodor no camiño. Brienne diríxese cara a unha misión na busca do Pez Negro. Arya recibe unha oportunidad de amosar a súa valía, mandada a matar a unha actriz que fai de Cersei nunha obra de teatro. | ||||||
56 | 6 | "Blood of My Blood" «Sangue do meu sangue» | Jack Bender | Bryan Cogman | 29 de maio de 2016 | 6,710[51] |
Un antigo inimigo reaparece en escena. Gilly reúnese coa familia de Sam. Arya enfróntase a unha decisión difícil. Jaime confronta ó Pardal Supremo. | ||||||
57 | 7 | "The Broken Man" «O home esnaquizado» | Mark Mylod | Bryan Cogman | 5 de xuño de 2016 | 7,801[52] |
O Pardal Supremo ten un novo obxectivo, mentres Jaime enfronta a un heroe e Arya argalla un plan. Namentres, o Norte lembra. | ||||||
58 | 8 | "No One" «Ninguén» | Mark Mylod | David Benioff e D. B. Weiss | 12 de xuño de 2016 | 7,600[53] |
Mentres Jaime sopesa as súas opcións, Cersei responde a un pedido. O plan de Tyrion rende os seus froitos. Arya enfronta unha nova proba. | ||||||
59 | 9 | "Battle of the Bastards" «A batalla dos bastardos» | Miguel Sapochnik | David Benioff e D. B. Weiss | 19 de xuño de 2016 | 7,660 |
Jon Snow e Ramsay Bolton enfróntanse na "batalla dos bastardos" por Invernalia, resultando na derrota de Ramsay grazas á oportuna intervención do exército da casa Arryn comandado por Petyr Baelish. Daenerys emprega os seus dragóns para derrotar ós escravistas e queda cos seus barcos. O exército dothrakii baixo o mando de Daenerys derrota ós fillos da harpía, Theon Greyjoy e a súa irmá únense a Daenerys poñendo á súa dispoción a súa frota de barcos. | ||||||
60 | 10 | "The Winds of Winter" «Ventos de inverno» | Miguel Sapochnik | David Benioff e D. B. Weiss | 26 de xuño de 2016 | 8,889 |
Cersei Lannister destrúe con lume valyrio ó Pardal Supremo e á xente que estaba no xuízo, recuperando o Trono de Ferro por mor do suicidio do seu fillo Tommen. Jon Snow e Sansa Stark reúnen as forzas do norte e prepáranse para o invierno. Arya Stark finalmente consegue acabar coa vida de Walder Frey. Daenerys Targaryen emprende o seu camiño cara a Desembarco do Rei cunha inmensa frota de barcos, xunto co seu exército, os seus dragóns e Tyrion Lannister como "Man da Raíña". |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.