From Wikipedia, the free encyclopedia
A terceira tempada da serie de televisión Game of Thrones estreouse o 31 de marzo de 2013 na canle HBO.[1] A HBO renovou a serie para a terceira tempada o 10 de abril de 2012, nove días despois da estrea da segunda tempada. A produción comezou en xullo de 2012.
Tempada de Game of Thrones | |
Orixe | Estados Unidos |
---|---|
Nº de episodios | 10 |
Emisión | |
Canle orixinal | HBO |
Emisión orixinal | 31 de marzo do 2013- 9 de xuño de 2013 |
Cronoloxía |
Como as outras dúas tempadas, a terceira consta de dez episodios. Está baseada na primeira metade de A Storm of Swords, o terceiro libro da saga de novelas A Song of Ice and Fire creada por George R. R. Martin, da cal a serie é unha adaptación.[2]
Os músicos Will Champion de Coldplay e Gary Lightbody de Snow Patrol fan un cameo nesta tempada.[3]
"Little Bart" foi o oso contra o que loitou Brienne no foxo de Harrenhal.[4]
N.º (serie) |
N.º (temp.) |
Título orixinal[5] | Director(es)[6] | Guionista(s) | Data da estrea | Audiencia en EE. UU. (millóns) |
---|---|---|---|---|---|---|
21 | 1 | "Valar Dohaeris" «Valar dohaeris» | Daniel Minahan | David Benioff e D. B. Weiss | 31 de marzo de 2013 | 4,366[7] |
Samwell Tarly, o lord comandante Mormont e un grupo reducido da Night's Watch logran salvarse do ataque dos espectros. Jon chega ó campamento dos salvaxes e fala con Mance Rayder. Tyrion ten unha conversa co seu pai e faille unha demanda. Margaery Tyrell comeza a construír o seu camiño como futura raíña. Robb e o seu exército chegan a un devastado Harrenhal. Daenerys desembarca en Astapor e recibe varias sorpresas. | ||||||
22 | 2 | "Dark Wings, Dark Words" «Ás negras, palabras negras» | Daniel Minahan | Vanessa Taylor | 7 de abril de 2013 | 4,27[8] |
Bran Stark atopa dous novos acompañantes no seu camiño ó Muro. Sansa conversa con Olenna Tyrell, quen lle pide que lle diga a verdade sobre Joffrey. Shae comunícalle a Tyrion a ameaza que significa lord Baelish para Sansa. Os salvaxes continúan a súa marcha cara ao sur, ó igual que os superviventes da Night's Watch. Robb recibe dúas malas novas e, nas Terras da Coroa, Jaime rouba unha das espadas de Brienne e intenta fuxir. | ||||||
23 | 3 | "Walk of Punishment" «O camiño do castigo» | David Benioff e D. B. Weiss | David Benioff e D. B. Weiss | 14 de abril de 2013 | 4,724[9] |
Catelyn asiste ó funeral do seu pai en Riverrun xunto con Robb. Jon é enviado a unha importante misión xunto con Thormund Mataxigantes. Os superviventes dos irmáns xuramentados chegan á cabana de Craster. Petyr Baelish é enviado a Eyrie e Tyrion debe tomar o seu lugar como Conselleiro da Moeda. Melisandre deixa Dragonstone. Daenerys decide mercar tódolos Inmaculados e para isto fai un trato que lle custará un dragón. Theon, coa axuda dun descoñecido, logra escapar. Jaime intenta mercar ós seus captores, pero as negociacións terminan moi mal. | ||||||
24 | 4 | "And Now His Watch is Ended" «E agora a súa garda rematou» | Alex Graves | David Benioff e D. B. Weiss | 21 de abril de 2013 | 4,87[10] |
Jaime Lannister rouba unha espada e intenta escapar dos seus captores. Varys conversa con Olenna Tyrell sobre o perigo que constitúe Petyr Baelish para todos. Joffrey descobre que non é odiado polo seu pobo e lady Margaery proponlle a Sansa unha unión familiar. No Norte, os superviventes da Night's Watch atacan a Craster. Arya Stark é levada ó agocho da Irmandade sen Estandartes, onde acusan a Sandor Clegane de asasinato. Daenerys entrega un dos seus dragóns en troques do exército de Inmaculados e acaba cos escravistas con el. | ||||||
25 | 5 | "Kissed by Fire" «Bicada polo lume» | Alex Graves | Bryan Cogman | 28 de abril de 2013 | 5,349[11] |
Sandor Clegane é xulgado nun xuízo por combate contra Beric Dondarrion, que case logra vencelo, pero que acaba morto. Jon Snow enfróntase a Orell nunha discusión sobre as forzas apostadas no Muro e, posteriormente, el e Ygriette teñen sexo nunhas covas. Jaime e Brienne de Tarth chegan a Harrenhal, onde por orde de lord Bolton o primeiro é sandado por Qyburn. Ó ser traizoado por un dos seus abandeirados, Robb Stark vese no dilema entre a súa honra e o seu beneficio. Stannis Baratheon visita á súa muller Selyse e a súa filla, a princesa Shireen. Daenerys chega a coñecer mellor ós seus soldados. Tyrion e Cercei descobren que o seu pai ten pensado un casamento para cada un. | ||||||
26 | 6 | "The Climb" «O ascenso» | Alik Sakharov | David Benioff e D. B. Weiss | 5 de maio de 2013 | 5,5[12] |
Samwell Tarly e Gilly continúan o seu camiño ó Muro. Osha e Meera Reed intentan facer as paces. Melisandre chega ó agocho da Irmandade sen Estandartes e leva prisioneiro a Gendry. Jon e o grupo de salvaxes comezan a difícil escalada do Muro. Robb logra un acordo cos Frey. Sansa descobre con moita angustia quen será o seu futuro esposo. Petyr Baelish descobre que Ros é informante de Varys e envíaa a un destino fatal. | ||||||
27 | 7 | "The Bear and the Maiden Fair" «O oso e a dona» | Michelle MacLaren | George R. R. Martin | 12 de maio de 2013 | 4,84[13] |
Robb Stark recibe unha importante nova da súa esposa. Daenerys conversa cun dos gobernadores de Yunkai. Shae e Tyrion rifan sobre o seu futuro como parella. Melisandre leva a Gendry a Dragonstone. Arya escapa da Irmandade para encontrarse cun temido inimigo. Jon e os salvaxes intérnanse en territorio sureño. Jaime vaise de Harrenhal deixando a Brienne atrás, pero non por moito tempo. | ||||||
28 | 8 | "Second Sons" «Os segundos fillos» | Michelle MacLaren | David Benioff e D. B. Weiss | 19 de maio de 2013 | 5,15 |
Arya descobre o lugar ó que Sandor Clegane a leva. Daenerys coñece á compañía de mercenarios dos Segundos Fillos. Os seus líderes formulan un plan para asasinala. Stannis libera a Davos e cóntalle os seus plans sobre sacrificar a Gendry. Tyrion e Sansa únense en matrimonio. No Norte, Samwell enfróntase a un poderoso inimigo. | ||||||
29 | 9 | "The Rains of Castamere" «As chuvias de Castamere» | David Nutter | David Benioff e D. B. Weiss | 2 de xuño de 2013 | 5,22[14] |
Durante a voda de Edmure Tully e Roslin Frey, os Stark pretenden dar un xiro á guerra contra os Lannister. No Muro, a lealdade de Jon Snow será posta a proba e ó outro lado do mundo, Daenerys artella a súa invasión da cidade de Yunkai. | ||||||
30 | 10 | "Mhysa" «Mhysa» | David Nutter | David Benioff e D. B. Weiss | 9 de xuño de 2013 | 5,393[15] |
Tywin Lannister fai anuncio do suceso ocorrido na voda de Edmure Tully á corte do rei. Roose Bolton é proclamado gardián do norte. Jaime e Brienne chegan a Desembarco do Rei, Arya e Sandor Clegane atópanse cun grupo de bandidos, Bran e o seu grupo crúzanse con Samwell Tarly, Davos anuncia a Stannis os problemas no muro e Daenerys agarda pola liberación de Yunkai e os seus escravos. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.