Galileo (navegación por satélite)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sistema Galileo é un sistema de satélites para o cálculo da posición e navegación militar e civil (en inglés: GNSS - Global Navigation Satellite System), desenvolvido en Europa como alternativa e complemento ó Sistema de posicionamento global (Global Positioning System, NAVSTAR GPS), controlado pola súa parte polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América. A Unión Europea é a propietaria do programa, que leva o nome de Galileo Galilei, o astrónomo que determinou a posición real da Terra no Sistema Solar[1]. A súa responsable é a Comisión Europea, que xestiona e supervisa o desenvolvemento das actividades. A Axencia Espacial Europea foi encargada do deseño, desenvolvemento e implantación, máis do desenvolvemento técnico de infraestruturas. O sistema estímase que ten un custo de dez mil millóns de euros.
Galileo | |
---|---|
Tipo | sistema global de navegación por satélite |
Nomeado en referencia a | Galileo Galilei |
Eventos/Actividades | Interrupción |
Sede | Praga |
Na rede | |
https://www.esa.int/esaNA/galileo.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entrou en servizo a finais de 2019[2]. Consta de 24 satélites orbitando en círculo sobre tres planos inclinados en relación ó plano ecuatorial terrestre de preto de 56° e a unha altura de preto de 23 500 km. As órbitas seguidas polos satélites están dentro do rango das MEO (Medium Earth Orbit/Órbitas Terrestres Medias, OTM).
Na actualidade[cando?] hai 18 satélites en órbita; 14 postos en órbita a bordo do foguete Soiuz, en sete lanzamentos de dous satélites en cada engalaxe.[1] Catro satélites foros postos en órbita polo foguete Ariane 5, nunha soa engalaxe o 17 de novembro 2016. Dous lanzamentos do Ariane 5 foron programados para 2017 e 2018, completando os 24 satélites do sistema, e máis satélites de recambio están programados no 2020.[3]