Wikiquote
colección de citas soadas de personaxes famosas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Wikiquote é unha colección de citas soadas de personaxes famosos, libros e proverbios. Realízase de forma colaborativa a través de Internet, baixo a licenza libre GFDL, e baseándose en tecnoloxía wiki. Baséase nunha idea de Daniel Alston, implementada por Brion Vibber.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
É un proxecto irmán de Wikipedia, sendo auspiciado tamén pola Fundación Wikimedia, e utilizando o mesmo software, MediaWiki.
Non alcanzou un desenvolvemento tan grande como Wikipedia, pero existen xa versións en varios idiomas. Entre todos eles conta con máis de 364 000 páxinas, das que unhas cen mil poden ser propiamente artigos de citas (sen contar redireccións, páxinas de conversa nin instrucións sobre o propio proxecto). Máis de vinte mil destes artigos corresponden á versión en inglés. A versión en español é a sétima en número de artigos: ten máis de dezanove mil páxinas, das que máis de cinco mil son artigos de citas.