artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Tralo Giro de Italia 2014, só en 21 das 97 edicións disputadas houbo representación de ciclistas galegos no Giro de Italia. A primeira delas foi no Giro de Italia 1954, cando o ponteareán Emilio Rodríguez foi seleccionado entre os 7 integrantes do equipo español, téndose que retirar antes do remate da proba. Dende entón outros 17 corredores galegos teñen participado na segunda carreira ciclista máis importante do mundo, salientando os resultados acadados por Vicente López Carril e Marcos Serrano, que conseguiron rematar entre os 10 primeiros da clasificación xeral (cuartos e oitavo). A única vitoria de etapa acadouna López Carril na edición de 1971 no ascenso ó Gran Sasso. Na edición de 2009 houbo a maior participación galega na proba italiana con cinco ciclistas por mor da presenza do equipo Xacobeo Galicia.
De seguido amósase unha lista cos datos sobre os corredores, colocados segundo a posición acadada na súa mellor participación:
Vicente López Carril (1942-1980) competiu en 6 edicións do Giro de Italia, completando a proba nas 6 ocasións, e rematando 2 veces entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 1972, cando acadou o cuarto posto na clasificación xeral, que liderou o belga Eddy Merckx. É o único ciclista galego que gañou unha etapa na carreira italiana, o 25 de maio de 1971 no Gran Sasso.
Ciclista | 1967 | 1968 | 1969 | 1970 | 1971 | 1972 | 1973 | 1974 | 1975 | 1976 | 1977 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vicente López Carril[1] | 23º | - | - | - | 12º | 4º | - | 8º | 22º | - | 55º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Marcos Serrano (1972- ) competiu en 2 edicións do Giro de Italia, completando a proba só na primeira ocasión, na que rematou oitavo, sendo o primeiro ciclista español da clasificación xeral.
Ciclista | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Marcos Serrano Rodríguez[2] | 8º | - | - | - | - | - | - | - | - | Ab. |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Óscar Pereiro (1977- ) competiu nunha edición do Giro de Italia no seu primeiro ano no equipo Phonak, completando a proba no posto 11 da clasificación xeral.
Ciclista | 2002 |
---|---|
Óscar Pereiro Sío[3] | 11º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Álvaro Pino (1956- ) competiu en 3 edicións do Giro de Italia, completando a proba nas dúas primeiras ocasións. A súa mellor participación foi a do ano 1983, cando rematou no posto 19 da clasificación xeral.
Ciclista | 1982 | 1983 | 1984 |
---|---|---|---|
Álvaro Pino Couñago[4] | 30º | 19º | Ab. |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Jesús Blanco Villar (1962- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 25 da clasificación xeral.
Ciclista | 1989 |
---|---|
Jesús Blanco Villar[5] | 25º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
José Luis Sánchez (1972- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 61 da clasificación xeral.
Ciclista | 1996 |
---|---|
José Luis Sánchez de la Rocha[6] | 61º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Gustavo Otero (1973- ) competiu en 2 edicións do Giro de Italia, completando a proba nunha ocasión, na que rematou no posto 62 da clasificación xeral.
Ciclista | 2001 | 2002 |
---|---|---|
Gustavo Miguel Otero Gómez[7] | Ab. | 62º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
David Blanco (1975- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 66 da clasificación xeral.
Ciclista | 2011 |
---|---|
David Blanco Rodríguez[8] | 66º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
José Ángel Vidal (1969- ) competiu en tres edicións do Giro de Italia, completando a proba nas dúas últimas ocasións. A súa mellor clasificación xeral foi no posto 78.
Ciclista | 1994 | 1995 | 1996 | 1997 |
---|---|---|---|---|
José Ángel Vidal Martínez[9] | Ab. | - | 85º | 78º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Gonzalo Rabuñal (1984- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 115 da clasificación xeral.
Ciclista | 2009 |
---|---|
Gonzalo Rabuñal Ríos[10] | 115º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Delio Fernández (1986- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 124 da clasificación xeral.
Ciclista | 2009 |
---|---|
Delio Fernández Cruz[11] | 124º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
José Manuel Oliveira (1967- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 140 da clasificación xeral.
Ciclista | 1990 |
---|---|
José Manuel Oliveira Boga[12] | 140º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Serafín Martínez (1984- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 142 da clasificación xeral.
Ciclista | 2009 |
---|---|
Serafín Martínez Acevedo[13] | 142º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Gustavo César Veloso (1980- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 145 da clasificación xeral.
Ciclista | 2009 |
---|---|
Gustavo César Veloso[14] | 145º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Jesús Rodríguez Carballido (1962- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 158 da clasificación xeral.
Ciclista | 1990 |
---|---|
Jesús Rodríguez Carballido[15] | 158º |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Emilio Rodríguez (1923-1984) competiu nunha edición do Giro de Italia, tendo que abandonar a carreira.
Ciclista | 1954 |
---|---|
Emilio Rodríguez Barros[16] | Ab. |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Manuel Carrera (1962- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, tendo que abandonar a carreira.
Ciclista | 1987 |
---|---|
Manuel Carrera Punzón[17] | Ab. |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
David García (1977- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, tendo que abandonar a carreira.
Ciclista | 2009 |
---|---|
David García Dapena[18] | Ab. |
Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.
Edición | Galegos | Nomes |
2011 | 1 | David Blanco Rodríguez [19] |
2009 | 5 | Gonzalo Rabuñal Ríos, Delio Fernández Cruz, Serafín Martínez Acevedo, Gustavo César Veloso, David García Dapena [20] |
2006 | 1 | Marcos Serrano Rodríguez [21] |
2002 | 2 | Óscar Pereiro Sío, Gustavo Miguel Otero Gómez [22] |
2001 | 1 | Gustavo Miguel Otero Gómez [23] |
1997 | 2 | Marcos Serrano Rodríguez, José Ángel Vidal Martínez [24] |
1996 | 2 | José Luis Sánchez de la Rocha, José Ángel Vidal Martínez [25] |
1994 | 1 | José Ángel Vidal Martínez [26] |
1990 | 2 | José Manuel Oliveira Boga, Jesús Rodríguez Carballido [27] |
1989 | 1 | Jesús Blanco Villar [28] |
1987 | 1 | Manuel Carrera Punzón [29] |
1984 | 1 | Álvaro Pino Couñago [30] |
1983 | 1 | Álvaro Pino Couñago [31] |
1982 | 1 | Álvaro Pino Couñago [32] |
1977 | 1 | Vicente López Carril [33] |
1975 | 1 | Vicente López Carril [34] |
1974 | 1 | Vicente López Carril [35] |
1972 | 1 | Vicente López Carril [36] |
1971 | 1 | Vicente López Carril [37] |
1967 | 1 | Vicente López Carril [38] |
1954 | 1 | Emilio Rodríguez Barros [39] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.