From Wikipedia, the free encyclopedia
Gaelscoil (ˈɡeːl̪ˠsˠkɛlʲ; plural: Gaelscoileanna) é unha rede de escolas de ensino primario e secundario de Irlanda na que a lingua vehicular de ensinanza é o gaélico irlandés. O termo fai referencia ás escolas en irlandés que se atopan fóra das rexións de fala irlandesa, as Gaeltacht.[1]
Os estudantes das Gaelscoileanna reciben o mesmo programa de estudos que nas outras escolas de Irlanda, mais aprenden a lingua irlandesa polo sistema de immersión lingüística.[2] Porén, os alumnos que se escolarizan en inglés teñen pouca competencia lingüística en irlandés, mesmo sendo este idioma materia obrigada en toda a República de Irlanda tanto no ensino primario como en secundaria. O actual goberno ten prometido facer reformas no programa educativo e na formación dos mestres nas escolas tanto en inglés como en irlandés.[3]
O éxito débese a un apoio efectivo (aínda que limitado) da comunidade e a unha infraestrutura administrativa eficaz. Distínguense por ser o produto dun movemento comunitario xenuíno e non dunha política do Estado.
As Gaelscoileanna teñen experimentado unha expansión notábel nas últimas décadas, aínda que agora hai preocupación de que as normas recentes que limitan o financiamento das novas escolas poidan afectar á educación secundaria irlandesa, sobre todo cando a demanda é superior á oferta.[4]
En 1972 só había 11 escolas primarias e 5 secundarias, e hoxe en día hai 172 escolas primarias e 39 secundarias.[5] Se engadimos as escolas que se atopan en Irlanda do Norte, hai un total de 298 gaelscoileanna en primaria e 72 escolas de secundaria (gaelcholáistí).[6] Estas escolas tiñan uns 37.800 alumnos, sen contar, uns 4.000 alumnos máis en escolas de educación infantil. Actualmente, cando menos hai unha gaelscoil e cada un dos 32 condados de Irlanda e varias nas cidades máis importantes.
Porén, aínda hai nove condados que non contan con ensino secundario en irlandés: Laois, Offaly, Leitrim, Roscommon, Cavan, Sligo, Longford, Fermanagh e Down.
As Gaelscoileanna teñen adquirido a reputación de proporcionar uns resultados académicos excelentes cun orzamento moderado. Téñense descrito como un sistema de selección social positiva ofrecendo unha mellor formación de cara ó ensino universitario e á formación profesional. Unha análise das escolas que envían estudantes ás institucións de ensino superior amosan que o 22 % das escolas que fan ensino en irlandés envían a tódolos seus estudantes ó ensino superior, en comparación co 7 % das escolas en inglés.[7]
Tense argumentado que o bilingüismo como resultado da adquisición temperá doutra lingua é en xeral beneficioso e axuda ós cativos a aprender unha terceira ou unha cuarta lingua. Os defensores da inmersión en irlandés ás veces fan referencia a estudos que amosan que os nenos bilingües teñen máis facilidades noutras materias que os nenos monolingües.[8]
Hai aproximadamente uns 150.000 falantes de irlandés como lingua materna que o falan acotío; 91.825 falantes de irlandés en Irlanda, dos que máis da metade se atopan nos Gaeltachts, e o resto nas escolas de educación en irlandés das catro provincias. Segundo o censo de 2006 hai tamén 53.471 falantes fóra do sistema educativo.
Hai 39.594 falantes de irlandés; 1.299 falantes nativos no Gaeltacht de Meath e outros 19.348 que estudan nas 66 Gaelscoils e 15 Gaelcholáistí (escolas secundarias) da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 18.947 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
Hai 29.199 falantes de irlandés; 14.456 falantes nativos no Gaeltacht de Donegal (entre un 30-100% da poboación é falante nativa) e outros 1.427 que viven en áreas onde a porcentaxe de falantes é menor do 30%. Tamén hai uns 5.339 que estudan nas 44 Gaelscoils e 7 Gaelcholáiste da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 7.977 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
Hai 34.593 falantes de irlandés; 9.737 falantes nativos nos Gaeltacht de Cork, Kerry e Waterford, e tamén 12.219 que estudan nas 45 Gaelscoils e 15 Gaelcholáiste da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 12.637 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
Hai 41.910 falantes de irlandés; 18,358 falantes nativos nos Gaeltacht de Galway e Mayo (entre un 30-100% da poboación é falante nativa) e outros 5.300 viven en áreas onde a porcentaxe de falantes é menor do 30%. Tamén hai 4.265 que estudan nas 18 Gaelscoils e 3 Gaelcholáiste fóra das Gaeltacht da provincia. Segundo o censo de 2006 hai 13.910 falantes na provincia que empregan o irlandés acotío fóra do sistema educativo.
As autoridades educativas teñen previsto abrir 3 novos centros de secundaria para o ano 2014, Coláiste Ghlór na Mara en Balbriggan, Coláiste Deisceart Átha Cliath en Dundrum e Gaelcholáiste Charraig Uí Leighin en Carrigaline, Cork.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.