From Wikipedia, the free encyclopedia
O gabeador vermello,[2] Tichodroma muraria, é unha pequena ave que se encontra en numerosas montañas de Eurasia, incluíndo os Pireneos, os Alpes e as montañas do Altai.
Gabeador vermello Tichodroma muraria | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de T. muraria ♂ (arriba) e ♀ (abaixo). | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Tichodroma muraria (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Tichodroma muraria | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
É o único membro do xénero Tichodroma, que, á súa vez, é o único da familia dos ticodromádidos (Tichodromadidae),[3][4]
Porén, algúns autores considérano como o único membro da subfamilia dos ticodromadinos (Tichodromadinae) da familia dos sítidos.[5][6]
O gabeador vermello é maiormente non migratorio (aínda que é migrados parcoal)[7], mudándose a alturas inferiores durante o inverno, e ás veces vaga máis lonxe aínda, cando, de cando en vez, usa canteiras ou edificacións.[8]
Aves illadas teñen invernado tan lonxe como en Inglaterra, e unha tamén invernou na Universidade de Ámsterdam.[Cómpre referencia]
Esta é unha ave de 15,5 a 17 cm de longo,[8] (a media é de 16 a 16,5 cm),[7][9] cunha plumaxe sorprendentemente atractiva en carmesí, gris e negro, con voo como de bolboreta, espasmódico, e con breves planeos,[8] e goridas inaccesibles. O seu nome común chinés significa flor de rocha.
Na estación reprodutiva, o macho pode ser a miúdo distinguido das femias pola súa gorxa negra, aínda que as femias teñen ás veces tamén a gorxa negra en graos variables.
Os inmaturos son máis pardos, e teñen o peteiro menor.[7]
Esta especie é bastante mansa, pero a miúdo é sorprendentemente difícil de ver nas ladeiras das montañas, ademais de porque adoita vivir en lugares inaccesíbeis, porque cando gabea por unha parede pode camuflarse coas súas cores grises e negras (a vermella das ás apenas se ve).[8]
Aliméntase de pequenos insectos que captura co seu longo bico nas físgoas das rochas, ou en voo, e tamén inclúe na súa dieta arañas e moluscos.[7] Aniña en cavidades rochosas,[8] pondo 4 ou 5 ovos brancos raiados, que son incubados pola femia. O canto do macho é unha secuencia de asubíos.
En voo parece unha bubela (Upupa epops) de cores estrañas, de aí os nomes vernáculos de bubela vermella e galego, ou abubilla de las paredes rocosas en castelán, ou unha bolboreta xigante,[7] pero rube paredóns de pedra coma se fose un rato.
En Europa pódese ver nas altas montañas do centro e o sur. Na Península Ibérica é sedentario nos Pireneos, e na Cordilleira Cantábrica é migra en outubro. Posibelmente estea en regresión. A súa presenza en Galicia é moi rara.[7]
As aves cara ao leste de Turkmenistán, desde o Irán até a China, son lixeiramente máis escuras, e foron clasificadas por Bonaparte, en Consp. Gen. Av. 1: 225, como unha subespecie, Tichodroma muraria nepalensis,[10] separada da subespecie típica, Tichodroma muraria muraria.
A familia foi descrita en 1827 polo naturalista e ornitólogo inglés William John Swainson.
O xénero xa fora descrito en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.
A descrición da especie é máis antiga, xa que o seu autor foi Linneo, en 1766 (aínda que con outro nome, Certhia muraria,[11] por iso figura na bibliografía o nome e a data entre parénteses).
O nome da familia está formado, como é normal, sobre a raíz do xénero tipo (e neste caso único), engadíndolle a desinencia do latín científico ´-idea, plural neutro de ´-ideus, derivada do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma", empregada para formar os nomes das familias de animais.
O nome do xénero Tichodroma está formado plos elementos do latín científico teicho- e -droma, tirados das voces do grego antigo τεῖχος teîchos "muro", "muralla", e δρόμος drómos, "carreira", "acción de correr".[12][13]
O epíteto específico, muraria, e un adxectivo do latín medieval que significa "das murallas", derivado do latín clásico mūrus, -i, "muralla".[13] (O adxectivo equivalente do latín clásico é mūrālis).
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou en 2016 o estado de conservación desta especie como LC (pouco preocupante), cualidicación que mantén na actualidade (abril de 2017), debido a que ten unha área de dispersión moi grande e polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel baxio o criterio do tamaño desta área (media de ocorrencia, máis de 20 000 km2 combinado cunha diminución ou flutuacón do tamaño do rango, grao/calidade do hábitat, ou o tamaño da poboación e dun pequeno número de localizacións ou fragmentación severa). A tendencia da poboación parece estábel e, por tanto, a especie non se acerca aos limiares de vulnerábel baixo o criterio da tendencia da poboación (estimándose unha diminución do 30 % en máis de dez anos ou tres xeracións). O tamaño da poboación é moi grande, con máis de 10 000 individuos maduros.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.