Eliteserien (hóckey sobre xeo)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A GET-ligaen é a máxima competición de hóckey sobre xeo de Noruega, está organizada pola Federación Norueguesa de Hóckey sobre Xeo.[1] A liga foi coñecida como 1. divisjon (1ª división) ata 1990, cando foi reorganizada e nomeada Eliteserien (The Elite League). Este nome foi cambiado en 2004, cando a televisión por cable UPC se converteu no principal patrocinador. UPC Norway cambiou o seu nome polo de GET en 2006 e polo tanto o nome da liga tamén se viu alterado.
Nome na lingua orixinal | (nb) Elitehockeyligaen ![]() |
---|---|
Tipo | liga deportiva ![]() |
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Parte de | Associação Norueguesa de Hóquei no Gelo (pt) ![]() ![]() |
Número de participantes | 10 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Noruega ![]() |
Vixencia | 1934 – ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | ehl.no ![]() |
A liga funciona segundo a premisa de ascensos e descensos, polo que os dous equipos que finalizan nas dúas últimas prazas deben xogar contra os dous mellores clasificados da Primeira División (a segunda categoría do hóckey sobre xeo noruegués por detrás da GET-ligaen) para se faceren co dereito a competiren na GET-ligaen na vindeira tempada.