From Wikipedia, the free encyclopedia
Güyük Khan. Nado en 1206 e finado en 1248, fillo e sucesor de Ögödei e neto de Xenxis Kan.
Nome orixinal | (mn) ᠭᠦᠶᠦᠭ ᠬᠠᠭᠠᠨ (mn) Гүюг хаан |
---|---|
Nome de templo | 定宗 |
Nome póstumo | 簡平皇帝 |
Biografía | |
Nacemento | (mn) ᠭᠦᠶ᠋ᠦᠭ 19 de marzo de 1206 Camague Mongol (pt) |
Morte | 20 de abril de 1248 (42 anos) Imperio Mongol |
3º Khan do Imperio mongol Imperio Mongol | |
24 de agosto de 1246 – 1248 ← Töregene Khatun (pt) , Ögödei – Mongke, Ogul Caimis (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Tengrismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Chingissid (en) |
Cónxuxe | Wuwuerheimishi Ogul Caimis Naimanzhen |
Fillos | Khoja () Ogul Caimis Naqu () Ogul Caimis Khokhoo () Babahaer () Yelimishi () |
Pais | Ögödei e Töregene Khatun |
Irmáns | Sürkhakhan Godan Khan Khadan Mieli Khochu Khorachar Khashi |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron History of Yuan (en) New History of Yuan (en) |
En 1233 conquistou o reino de Dongxia limítrofe con Corea. Participou na grande invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral Subotai onde se enemistou con Batu Khan, fillo de Jochi, o primoxénito de Xenxis Kan. Trala rexencia da súa nai, Törgene Khatun, durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do irmán máis novo de Xenxis Kan, Temuge, foi elixido e entronizado por un multitudinario kurultai o 24 de agosto de 1246. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio Califa de Bagdad; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con grande autonomía nas estepas rusas coa súa Horda de Ouro. Nese kurultai estivo tamén o franciscano Xoán de Plano Carpini como embaixador do papa Inocencio IV. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.
Aumentou os impostos, executou a altos oficiais do anterior goberno que lle resultaron sospeitosos, expresou aos embaixadores europeos as súas pretensións de dominio mundial, autorizou operacións de saqueo en Corea e puña e quitaba reis en reinos como o de Xeorxia, que acabou dividindo, e no Sultanato de Rum. Rodeouse para os labores de goberno de cristiáns nestorianos. Organizou un gran censo nos seus dominios e fixo do reino armenio de Cilicia o seu vasalo.
Resolto a recompoñer a unidade do imperio do seu pai co fin de dominar Europa e preparar un grande ataque mortal ao Imperio Abasida, chamou ao seu encontro a Batu. Este foi advertido de que podía caer nunha trampa, polo que se achegou a Asia central co seu grande exército. Güyük fixo o propio e marchou ao seu encontro. Cando o gran choque parecía inevitable, Güyük morreu en circunstancias pouco claras, parece ser que dunha chea.
Batu conseguiu impoñer ao seu candidato Mongke, fillo de Tolui.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.