![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/Rhinogobiops_nicholsii%253B_Blackeye_goby.jpg/640px-Rhinogobiops_nicholsii%253B_Blackeye_goby.jpg&w=640&q=50)
Góbidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os góbidos[1] (Gobiidae) son unha familia de peixes que comprende máis de 2.000 especies clasificadas en máis de 200 xéneros, o que a fai unha das familias de peixes máis numerosas.[2] A maioría deles son relativamente pequenos, normalmente de menos de 10 cm de lonxitude. Algúns góbidos están entre os vertebrados máis pequenos do mundo, como o Trimmatom nanus e o Pandaka pygmaea, que miden menos de 1 cm de longo cando son adultos. Pero algúns góbidos grandes como os dos xéneros Gobioides ou Periophthalmodon poden chegar aos 30 cm, aínda que isto é excepcional. Xeralmente, son péixes bentónicos, é dicir, viven nos fondos. Aínda que poucos deles son importantes para a alimentación humana, son de grande importancia como especies presas nos ecosistemas dos que se alimentan peixes comercialmente importantes como o bacallau, burro, barramundi (Lates calcarifer), e peixes planos. Varios góbidos son tamén interesantes como peixes de acuario, como os do xénero Brachygobius. As relacións filoxenéticas dos góbidos foron estudados por medio de análises de datos moleculares.[3][4]
Gobiidae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Rhinogobiops nicholsii | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||
Ver texto. |