esculturo de Epígono de Pérgamo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gálata Ludovisi é escultura helenística de mármore que está exposta no Palazzo Massimo alle Terme, e está estilisticamente dentro da Escola de Pérgamo, unha escola helenística que se inclinou cara a sentimentos patéticos e violentos.
A súa orixe reside na decisión do rei Átalo I de Pérgamo, que decidiu conmemorar a importante vitoria sobre os gálatas no 233 a.C. cun conxunto formado por seis esculturas. No centro estaba o gálata Ludovisi, que acababa de matar á súa muller; mentres sostén o cadáver volve a cabeza cara ao seu inimigo ao mesmo tempo que se suicida; ao seu arredor hai outros catro gálatas tendidos no chan, incluído o Gálata moribundo .
É probablemente unha copia romana do século I a.C. en mármore dunha estatua grega xa desaparecida, aínda que a orixinal foi feita en bronce. A comisión fíxose entre o 230 a.C. e 220 a.C. Descoñécese a identidade do escultor, pero algúns suxiren que Epígono, o escultor da corte da dinastía atálida de Pérgamo, puido ser o autor.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gálata Ludovisi |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.