From Wikipedia, the free encyclopedia
A Federación Internacional do Automóbil (en francés: Fédération Internationale de l'Automobile), usualmente referida como a FIA, é unha asociación sen fins de lucro establecida como a Asociación Internacional de Clubs de Automóbiles Reconnus (AIACR) o 20 de xuño de 1904 para representar os intereses das organizacións de tráfico e os usuarios de automóbiles. Para o público en xeral, a FIA é o ente que regula as principais competencias en materia de automobilismo.
Federación Internacional do Automóbil | |
---|---|
Acrónimo | FIA e AIACR |
Tipo | federación deportiva internacional |
Deporte | automobilismo |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 20 de xuño de 1904 |
Presidente/a | Mohammed bin Sulayem (pt) (2021-) |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
https://www.fia.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten a súa sede principal no nº 8 da Place de la Concorde, París, Francia, componse de 244 organizacións nacionais afiliadas en 146 países en todo o mundo.[1] O seu actual presidente é Mohamed Ben Sulayem.[2]
En 1950, organizaron o primeiro campionato mundial automobilístico, actualmente coñecido como a Fórmula 1.
En 1973, a FIA estendeu o seu alcance para incluír carreiras de rally, e o Rally de Monte Carlo foi o primeiro evento dese tipo organizado pola FIA.
O seu papel máis destacado é o otorgamiento de licenzas e arbitraxe das carreiras de Fórmula Un.
A Association Internationale des Automobile Clubs Reconnus (AIACR) foi fundada en París o 20 de xuño de 1904.
En 1922, a FIA delegou a organización das carreiras de automóbiles á Comisión Deportiva Internacional (CSI), un comité autónomo que máis tarde converteuse na Federación Internacional do Deporte do Automóbil (FISA). A reestruturación da FIA en 1993 levou á desaparición da FISA, pondo o automobilismo baixo a xestión directa da FIA.
A FIA actualmente regula entre outros os seguintes eventos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.