From Wikipedia, the free encyclopedia
A fusión,[1] ou derretemento,[2] é un proceso físico que consiste no cambio de estado dunha substancia de sólido a líquido.
Isto ocorre cando aumenta a enerxía interna dos sólidos, tipicamente pola aplicación de calor ou presión, o que fai aumentar a temperatura da substancia ao punto de fusión.
No punto de fusión, a orde de ións ou moléculas nos sólidos pasan a un estado menos ordenado, e o sólido convértese nun líquido.
As substancias en estado fundido xeralmente reducen a súa viscosidade co aumento da temperatura. Unha excepción a este principio é o xofre, cuxos aumentos de viscosidade son debidos á polimerización, diminuíndo a temperaturas máis altas no seu estado fundido.[3]
Algúns compostos orgánicos funden a través de mesofases, estados de orde parcial entre sólido e líquido.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.