From Wikipedia, the free encyclopedia
O furafollas pequeno (Sorex minutus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae amplamente distribuída por Europa, estando presente dende Irlanda e a Península Ibérica ata Rusia. A súa pelaxe é de cor marrón escura no lombo, que pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de testa e corpo é duns seis centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella.
Furafollas pequeno | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Sorex minutus Linnaeus, 1766 | |||||||||||||||||||||
Distribución Sorex minutus |
(Vexa o mapa de distribución en Galicia abaixo do modelo)
Habita en zonas de vexetación eurosiberiana, principalmente carballeiras, faiais, e as matogueiras de substitución destes, aínda que tamén se localiza en carrasqueiras, penedías e matogueiras de alta montaña. Está ausente en zonas con precipitacións por baixo dos 700 mm. Altitudinalmente atópase entre os 400 e os 2.000 metros.
Non parece atoparse ameazada, pero convén ter en conta o reducido da súa área de distribución e o illamento xeográfico dalgunhas poboacións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.