From Wikipedia, the free encyclopedia
Fukd ID #3 é o EP de estrea da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 11 de decembro do 2000 polo selo Chemikal Underground. Trátase dunha rareza e dun obxecto moi buscado polos seareiros, xa que orixinalmente só se lanzaron 1.000 copias e está descatalogado. No EP inclúense algunhas das primeiras gravacións da banda, feitas todas elas nun gravador de 8 pistas. "PDA", "Roland" e "5" graváronse no ano 1998, mentres que "Precipitate" o ano seguinte.
Fukd ID #3 | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Interpol | |||||
Data de edición: | 11 de decembro do 2000 | ||||
Lanzamento: | |||||
Datas de gravación: | 1998 - 1999 | ||||
Estudio(s) de gravación: | |||||
Duración: | 17:52 | ||||
Xénero musical: | post-punk revival | ||||
Selo discográfico: | Chemikal Underground | ||||
Producido por: | Interpol | ||||
Cronoloxía | |||||
|
O tema "5" foi titulado orixinalmente "Get the Girls", e foi editado con anterioridade nunha cinta demo da banda, xunto con "PDA" e "Roland".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.