O fuel ou fuel óleo, segundo as grafías recomendadas polo Dicionario da RAG,[1] tamén chamado fuelóleo e fuel-oil, é unha fracción do petróleo que se obtén como residuo na destilación fraccionada do cru. De aí obtense entre un 30 e un 50 % desta substancia.

Thumb
Mostra de fuel óleo.

O fuel é o combustíbel máis pesado dos que se poden destilar a presión atmosférica. Está composto por moléculas con máis de 20 átomos de carbono, e a súa cor é negra ou parda moi escura.

O fuel óleo úsase como combustíbel para buques, centrais termoeléctricas, caldeiras e fornos.

Por outra parte, tamén se trata en procesos a menor presión para poder ser destilado e así obter as fraccións máis pesadas do petróleo, como os aceites lubricantes e o asfalto, entre outros.

Clases

O fuel óleo clasifícase en seis clases, enumeradas do 1 ao 6, de acordo co seu punto de ebulición, a súa composición e o seu uso. O punto de ebulición varía entre 175 e 600 °C; a lonxitude da cadea de carbono, de 9 a 70 átomos; e a viscosidade aumenta co número de carbonos da molécula, por iso os máis pesados deben quentarse para que flúan. O prezo xeralmente decrece a medida que o número de átomos de carbono aumenta.

Os fuel nº 1, fuel nº 2 e fuel nº 3 chámanse de diferentes formas: fuel destilado, fuel diésel, fuel lixeiro, gasóleo ou simplemente destilados.

Os fuel nº 5 e fuel nº 6 son coñecidos como fuel óleos residuais (RFO polas súas siglas en inglés) ou fuel óleos pesados.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.