emperador de Alemaña e rei de Prusia From Wikipedia, the free encyclopedia
Frederico III de Hohenzollern, nado en Potsdam o 18 de outubro de 1831 e finado o 15 de xuño de 1888, foi o emperador de Alemaña (káiser) e rei de Prusia, durante 1888 (9 de marzo-15 de xuño).
Era fillo do príncipe Guillerme de Prusia e de Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach (o seu pai era irmán do rei Frederico Guillerme IV de Prusia).
En 1858 casou con Vitoria, princesa do Reino Unido, filla da raíña Vitoria de Gran Bretaña e Irlanda e Alberte de Saxonia-Coburgo-Hannover, coa que tivo oito fillos:
Cando o seu pai converteuse en rei de Prusia, desde 1861 foi príncipe herdeiro da coroa. Participou como oficial de Prusia na Guerra austro-prusiana en 1866 e, en 1870, na Guerra franco-prusiana.
Con posterioridade á unificación alemá (a partir de 1871), Frederico, de ideas liberais e influído pola súa esposa, tivo diferenzas políticas co conservador chanceler Bismarck, pero se mantivo á marxe do poder político durante a vida do seu pai. Falecido Guillerme I o 9 de marzo de 1888, Frederico só puido reinar 99 días por padecer un cancro de larinxe, chegando a perder o fala tras unha operación. Sucedeulle á súa morte o seu fillo Guillerme II.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederico III de Alemaña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.