director de cinema estadounidense de orixe austríaca From Wikipedia, the free encyclopedia
Fred Zinnemann, nado en Viena o 29 de abril de 1907 e finado en Londres o 14 de marzo de 1997, foi un director de cinema estadounidense de orixe austríaca.
Nado nunha familia xudía, quería ser músico, pero comezou estudos de dereito. Estando na universidade fixo algúns traballos en películas, chegando a ser cámara. En Alemaña traballou con outros principiantes no cinema, como Billy Wilder e Robert Siodmak, antes de marchar aos Estados Unidos a estudar cinema.
Logo de rodar unha película en México instalouse en Hollywood, revelándose coma director con The Seventh Cross en 1944. Trala segunda guerra mundial descubriu que seus pais morreran no Holocausto.
As películas máis aclamadas de Zinnemann chegaron nos anos cincuenta, como Só ante o perigo, De aquí á eternidade, coa que gañou o Oscar ó mellor director ou Historia dunha monxa, gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián.
En 1966 volvería triunfar nos Premios Oscar con Un home para a eternidade .
Finou dun ataque ao corazón en Londres en 1997.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fred Zinnemann |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.