Dende a aparición da fotografía, o xornalismo fotográfico empregouse para deixar constancia de calquera feito memorable en publicacións escritas. Obtivo unha importancia moi considerable a partir dos anos 20 en diante, cando se crean axencias xornalísticas baseadas nas reportaxes fotográficas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2024.) |
Historia e características
Ata tal punto se implantou a fotografía na prensa escrita, que hoxe en día é habitual que o que se chama "mancha" sexa un 70% do xornal. Esa "mancha" é a superficie de imaxe con respecto ó total do papel. Cabe destacar que na maioría das noticias, desprázase só o fotógrafo, xa que a noticia en si obtense de axencia ou de memorando.
A fotografía cobra especial importancia no xornalismo e fai chegar ó público máis cantidade de información, facendo realidade a frase "vale máis unha imaxe ca mil palabras". Moitos autores reflexionan, dende os tempos da orixe da fotografía, sobre a súa importancia social. Susan Sontag afirma que Coleccionar fotografías é coleccionar o mundo. Así mesmo, engade que a fotografía "xustifica".
Así a todo, non hai que esquecer que quen fai unha fotografía plasma unha parte da realidade dunha determinada maneira, e dende un punto de vista en concreto. Non podemos pensar polo tanto que a fotografía é un fiel reflexo da realidade, senón a plasmación* dunha parte da mesma. Non só hai que pensar naquilo que a fotografía recolle, senón tamén no que puidese ficar fóra.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Periodismo fotográfico |
Ligazóns externas
- Jorge Mahfud (2005). "El huracán Katrina y la hiperrealidad de la imagen" (en castelán)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.