linguaxe de programación From Wikipedia, the free encyclopedia
Forth ou FORTH é unha linguaxe de programación atípica para computador e ideado por Charles H. Moore e Elisabeth Rather entre os anos 1965 e 1970 no National Radio Astronomy Observatory de Kitt Peak, Arizona.
Inicialmente deseñado para unha aplicación moi concreta, a astronomía (cálculo de traxectorias de corpos en órbita, cromatografías, análise de espectros de emisión), evolucionou ata ser aplicable a case todos demais campos relacionados ou non con esa rama da ciencia (cálculos de probabilidade, bases de datos, análises estatísticas e ata financeiros).
O seu nome é unha contracción da palabra inglesa fourth, dado que os seus creadores considerábanlle destinado á cuarta xeración de computadoras, pero a primeira edición da linguaxe foi preparada para un IBM 1130, que só permitía nomes cunha lonxitude máxima de cinco letras; o seu nome quedou xa para sempre en FORTH. Posteriormente, un programa para a adquisición automática e continua de datos realizado nesta linguaxe descubriu polo menos a metade dos cúmulos interestelares coñecidos na actualidade.
Unha das súas importantes características é a utilización dunha pila de datos para pasar os argumentos entre as palabras, que son os constituíntes dun programa en Forth. (Para unha iluminadora analogía cf. Fith ).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.