Foro de diálogo IBSA
foro internacional trilateral / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Foro de diálogo IBSA (India, Brasil, Suráfrica) creouse en 2003 como resultado do fracaso das negociacións da Organización Mundial do Comercio en Cancún. O seu obxectivo é o de promover a cooperación en comercio, investimento e diplomacia económica entre tres dos principais polos políticos e económicos dos países en vías de desenvolvemento.
Foro de diálogo IBSA | |
---|---|
O presidente brasileiro Luiz Inácio Lula da Silva, entre o presidente de Suráfrica, Thabo Mbeki e o primeiro ministro da India, Manmohan Singh, no primeiro cume do foro IBSA, en Brasilia. | |
Tipo | grupo geopolítico e coligação |
País | Brasil, India e Suráfrica |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 13 de setembro de 2006 levouse a cabo en Brasilia o primeiro cume do foro IBSA coa asistencia dos presidentes do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, o presidente de Suráfrica, Thabo Mbeki e o Primeiro Ministro da India Manmohan Singh. Nesa ocasión os tres líderes emitiron unha declaración conxunta:
Os líderes acordan explorar abordaxes para a cooperación pacifica nos usos de enerxía nuclear baixo as salvagardas apropiadas.
Tamén deciden establecer un grupo de traballo que se enfoque nas modalidades dun acordo de comercio trilateral entre India, MERCOSUR e a Unión Surafricana de Aduanas.