electrodoméstico para quentar alimentos mediante ondas electromagnéticas From Wikipedia, the free encyclopedia
Un forno de microondas, é un electrodoméstico usado na cociña para quentar alimentos que funciona mediante a xeración de ondas electromagnéticas na frecuencia das microondas, de 2,5 GHz.
En 1946, foi o inventor estadounidense Percy Spencer o que se decatou de que o efecto das microondas podía cociñar os alimentos sen que a calor fose perceptible ó redor. En 1947 a empresa Raytheon comezou a comercializar o modelo chamado Radarange pero as súas grandes dimensións (tiña 1,68 m de altura e pesaba 340 kg) fixeron que a súa difusión fose limitada. Finalmente, en 1953, o artigo distribuíuse para o fogar producido pola Tappan Company ao que seguiu o modelo Hotpoint.
A base científica que explica como opera un forno de microondas é a seguinte: os alimentos conteñen normalmente moléculas de auga, estas teñen a característica dun dipolo eléctrico (parecido a un imán pero estes teñen un dipolo magnético), é dicir, posúen un extremo con carga positiva e un extremo con carga negativa.
O campo electromagnético xerado no forno move literalmente as moléculas de auga orientándoas nunha dirección. Pero apenas as moléculas de auga oriéntanse nunha dirección determinada, o campo magnético invértese, co que todas as moléculas de auga cambian a súa posición (rotan). Estes cambios da orientación do campo electromagnético suceden rapidamente, a razón de 2.500 millóns de veces por segundo, o que produce calor pola axitación molecular (a calor está directamente relacionada coa vibración ou axitación molecular). Xa que logo, o alimento quéntase por excitación das moléculas de auga, que se están movendo, virando sobre si mesmas, a gran velocidade.
Algunhas características:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Forno de microondas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.