especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O formio[1] (en maorí: harakeke), de nome científico Phormium tenax, é unha planta sempreverde perenne orixinaria de Nova Zelandia e da Illa Norfolk. Utilizada polo ser humano para obter fibra téxtil e como planta ornamental[2]. É común nos xardíns galegos.
Phormium tenax | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Formio | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Phormium tenax J. R. Forster & G. Forster, 1775 |
A planta medra como mata de longas follas de ata dous metros, de onde nace un pedúnculo floral con espectaculares flores de cor amarela ou vermella que se ergue por enriba das follas[2].
A súa fibra foi utilizada polos maorís de Nova Zelandia, primeiro nos tecidos tradicionais e para elaborar cordas amais velas[3], uso que continuaría logo coa chegada dos europeos, cando menos ata a segunda guerra mundial. Naturalizada en diversas rexións de clima temperado e subtropical, está considerada especie invasora nalgunhas illas do Pacífico e en Australia[4].
As súas follas conteñen cucurbitacinas, que son tóxica para algúns animais, algúns destes compostos para os humanos están entre os sabores máis amargos[5].
A araña saltadora Trite planiceps vive principalmente entre as follas envoltas do formio. O Phormium tenax é unha planta costeira asociada ó hábitat reprodutivo do pingüín Megadyptes antipodes.
O xénero foi establecido orixinalmente polo naturalista alemán Johann Reinhold Forster e o seu fillo Georg Forster no 1775, a partir das mostras recollidas por ámbolos dous e mailo naturalista sueco Anders Erikson Sparrman. Todos formaran parte na segunda expedición do capitán James Cook a bordo da Resolution.
O nome do xénero Phormium deriva do grego antigo "cesta", en alusión a un dos moitos usos que lle daban á planta os maorís, mentres que o epíteto tenax deriva do latín "forte"[6].
Phormium tenax foi descrita por Johann Reinhold Forster & Georg Forster e publicado na segunda edición da Characteres Generum Plantarum 48, t. 24, no ano 1776[7][8].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.