![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Poble_de_Fontibre.jpg/640px-Poble_de_Fontibre.jpg&w=640&q=50)
Fontibre
From Wikipedia, the free encyclopedia
Fontibre é unha localidade do municipio de Hermandad de Campoo de Suso, en Cantabria, situado a algo máis de tres quilómetros da capital municipal, Espinilla. No ano 2012 a localidade tiña 68 habitantes (INE). Respecto da economía, predomina a actividade agropuecuaria. A súa festa máis importante é San Fernando, que se celebra o 30 de maio.
Datos rápidos Localización, Identificador descritivo ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cantabria | |||
Concello | Hermandad de Campoo de Suso ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 39212 ![]() | |||
Pechar
A localidade é coñecida por albergar o xurdimento das augas do río Ebro tras o seu percorrido subterráneo polas calcarias do monte Guariza. O nome da localidade provén do latín Fontes Iberis ("fontes do Ebro") e xa é citado por Plinio o Vello, que a sitúa preto da cidade romana de Iuliobriga.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fontibre ![]() |