Florencia, Caquetá
cidade e concello do departamento de Caquetá, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Florencia é un concello colombiano, capital do departamento de Caquetá. É a cidade máis importante no sueste do país polo seu número de habitantes, os seus máis de cen anos de historia e desenvolvemento institucional do Estado. É coñecida como «A Porta de Ouro da Amazonía Colombiana». Ten unha superficie de 2 292 km²[1] e 178 449 habitantes (2017).[2]
Florencia (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Caquetá | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 191.867 (2021) (83,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.292 km² | ||||
Altitude | 242 m | ||||
Creación | 25 de decembro de 1902 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 180001–180009 | ||||
Páxina web | florencia-caqueta.gov.co… |
É unha cidade nova, punto de converxencia dos concellos do norte e do sur do Caquetá. Está situada na zona de piedemonte entre a Cordilleira Oriental e a Amazonia, na marxe dereita do río Hacha, o cal lle dá unha posición privilexiada ambientalmente ó ser a ligazón entre a Rexión Andina e a Rexión Amazónica. Dista 519 km da cidade de Bogotá, capital da República de Colombia.[3] Conta con 163 323 habitantes de acordo coa proxección do DANE para 2012. A súa extensión territorial é de 2292 km², a súa altitude media é de 242 msnm, a súa precipitación media anual é de 3840 mm e a súa temperatura media é de 25 °C. Está constituída por catro comunas na súa área urbana e sete correxementos na súa área rural.