Fixación dun alelo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En xenética de poboacións, a fixación dun alelo é o cambio producido na poza xénica desde unha situación na que existen polo menos dúas variantes dun determinado xene (alelos) a unha situación na que só queda un dos alelos.[1] En ausencia de mutación, todos os alelos deben finalmente ou ben perderse totalmente na poboación ou ben quedar fixados (estabilizados permanentemente na poboación).[2] Que un xene acabe finalmente por perderse ou quedar fixado depende dos coeficientes de selcción e as flutuacións aleatorias nas proporcións alélicas.[3] A fixación pode referirse a un xene en xeral ou a unha posición nucleotídica en particular da cadea de ADN (locus).
No proceso de substitución, un alelo que previamente non existía orixínase por mutación e sofre fixación ao estenderse pola poboación por deriva xenética aleatoria ou por selección positiva. Unha vez que a frecuencia dun alelo é do 100%, é dicir, é a única variante do xene presente en todos os individuos, dise que está "fixado" na poboación.[1]
De xeito similar, as diferenzas xenéticas entres taxons dise que están fixadas en cada especie.