From Wikipedia, the free encyclopedia
A final da Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 37ª final da Copa do Rei. Disputouse no estadio de Montjuïc de Barcelona o 25 de xuño de 1939. O vencedor foi o Sevilla FC, que venceu por 6-2 Racing de Ferrol, facéndose co seu segundo título.[1][2]
Tipo | association football final (en) |
---|---|
Deporte | fútbol |
Parte de | Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Olímpico Lluís Companys (Montjuïc) 41°21′53″N 2°09′20″L |
País | España |
Data | 1939 |
Datos estatísticos | |
Número de espectadores | 60.000 |
A de 1939 foi a primeira final de Copa dende o comezo da guerra civil, que rematara había menos de tres. Elixiuse como sede o estadio de Montjuïc por motivos políticos, como castigo para a cidade de Barcelona, que fora unha das últimas en ser conquistadas polas tropas franquistas.[3][4] A anterior final disputada fora a da Copa do Presidente da República de 1936, que enfrontara a Madrid CF e FC Barcelona no estadio de Mestalla en Valencia, con vitoria para o equipo madrileño.
Foi a segunda final de Copa que disputou o Sevilla, que anteriormente gañara a de 1935 contra o Sabadell en Chamartín, cun resultado de 3-0. Pola súa banda, para o Racing de Ferrol foi a primeira e única final da súa historia. O club galego nin sequera militaba nunha categoría nacional no momento do estalido da guerra, pois na tempada 1935/36 tivera que se conformar con disputar o Campionato de Galicia, despois de descender dende a Segunda División na 1934/35.[5]
O Sevilla chegou á final despois de eliminar ao Ceuta Sport nos oitavos de final, ao Aviación Nacional nos cuartos e ao Alavés nas semifinais. Pola súa parte, o Racing de Ferrol pasou automaticamente nos oitavos de final, ao se retirar a selección de Asturias, mentres que a continuación derrotou dous clubs vascos, o Donostia e o Baracaldo Oriamendi, con resultados globais de 3-1 e 3-2 respectivamente.
Sevilla | 6 – 2 | Racing de Ferrol | 25 de xuño de 1939 – Montjuïc, Barcelona Árbitro: Arribas Seijas |
Raimundo 5' Campanal I 20' 27' 62' Pepillo I 38' 42' |
Informe |
Silvosa 53' (p.) 56' | |
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.