![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Elmar_Klos_%25281966%2529.jpg/640px-Elmar_Klos_%25281966%2529.jpg&w=640&q=50)
Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Checoslovaquia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] entre 1964 e 1991, antes de que o país se separase nas repúblicas independentes de Eslovaquia e da República Checa en 1993. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Elmar_Klos_%281966%29.jpg/640px-Elmar_Klos_%281966%29.jpg)
Seis filmes checoslovacos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, dous dos cales gañaron o Óscar, o filme en lingua eslovaca Obchod na korze e o filme en lingua checa Ostře sledované vlaky, ámbolos dous comedias negras ambientadas durante a segunda guerra mundial. Dous filmes do director Miloš Forman foron propostos en representación de Checoslovaquia na década de 1960, e os dous foron nomeados. Forman acabou gañando o Óscar ó mellor director en dúas ocasións logo de emigrar ós Estados Unidos.
Despois da ruptura de Checoslovaquia, as propostas checas e eslovacas foron presentadas por separado de xeito regular. Dende entón, a República Checa logrou tres nomeamentos máis ós Óscar, incluíndo unha vitoria para Kolja de Jan Svěrák.[5]